Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 30 de Marzo de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMarzo
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Aprobada definitivamente a ordenanza que regula as instalacións de telecomunicacións e a que impón unha taxa ás operadoras por ocupación do dominio público
30 xullo 2010 09:58
O pleno da corporación, reunido esta mañá en sesión ordinaria correspondente a fin de mes, aprobou definitivamente e por unanimidade dos seus membros dúas ordenanzas que afectan notablemente ás empresas de telecomunicacións por transmisión-recepción de ondas radioeléctricas e, nun caso dun xeito especial, ás operadoras de telefonía móbil.
Así, a primeira destas ordenanzas regula as instalacións de telecomunicacións por transmisión-recepción de ondas radioeléctricas. Despois de que esta normativa municipal xa recibira no pleno do 24 de setembro de 2009 o visto bo da corporación e de que pasara a fase de exposición pública e presentación de alegacións, hoxe recibiu a aprobación definitiva. Como xa se puxera no seu momento de manifesto o alcalde, Julio Iglesias, e hoxe volveu a incidir, a ordenanza ten unha especial relevancia en Ares, xa que o municipio conta con numerosas instalacións deste tipo en zonas como Montefaro, Lubre e Os Castros e moitas delas carecen da pertinente licenza e de proxecto explicativo da actividade que realizan.
Agora, grazas a esta normativa, instarase ás empresas a legalizar as súas antenas –a través dun proxecto técnico e a licenza correspondente- e que éstas garantan a salubridade dos veciños. A intención do grupo de goberno, como subliñou o alcalde, pasa por mellorala e ampliala segundo as necesidades que se desprendan do desenvolvemento práctico da mesma.
En canto á Ordenanza reguladora da Taxa pola utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local polas empresas explotadoras de servizos de telefonía móbil, ten por obxecto que as grandes compañías que instalan antenas deste tipo neste municipio e, polo tanto, aprovéitanse do espazo radioeléctrico local, tributen como o fan o resto de empresas e incluso este mesmo tipo noutros concellos. A cota tributaria comprendida na ordenanza, que fora aprobada inicialmente o 28 de xaneiro de 2010 e publicada no BOP para a súa exposición pública e presentación de alegacións o 9 de marzo, será a do resultado de multiplicar o número de aboados ou clientes da empresa que teñan o seu domicilio no termo municipal de Ares polo 1,5 por 100 dos ingresos medios de operacións de telefonía móbil en todo o Estado. Para iso, tomaranse como ingresos medios os resultantes de dividir a cifra de ingresos por operacións en todo o Estado dos operadores de telefonía móbil polo número de clientes desta telefonía en todo o Estado, atendendo para iso aos datos que ofrece para cada exercicio o Informe Anual da Comisión do Mercado de Telecomunicacións.
Así mesmo, na sesión desta mañá aprobouse con carácter inicial –agora terá que saír a exposición pública- a Ordenanza xeral municipal sobre Tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade, na que se unifica o cadro de sancións co da Deputación –esta institución ten delegada a xestión económica desta actividade- e se axusta á legislación vixente na actualidade. Esta normativa, que foi respaldada por todos os grupos agás o PP (abstívose), foi redactada co apoio do responsable (Cabo) da Policía Local de Ares.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares