O pleno debate mañá a incorporación do Concello ao Consorcio Galego de Servizos Sociais da Xunta
24 Octubre 2007 10:14O pleno da corporación debatirá e, no seu caso, aprobará, a adhesión do Concello de Ares ao Consorcio Galego de Servizos Sociais. A sesión ordinaria de fin de mes celebrarase ás 12.00 horas de mañá xoves. Como se recordará, esta cuestión foi plantexada no anterior pleno, xa que o BNG presentou unha moción ao respecto. Finalmente, o alcalde, o socialista Julio Iglesias, pediu que o tema fora tratado en profundida pola xunta de portavoces para, posteriormente, incluilo en pleno pero xa como punto da orde do día, e así quedou resolto.
Agora, a adhesión ao Consorcio de Igualdade e Benestar regresa a pleno, tal e como se comprometeu o rexedor, para votar a participación da administración local aresá no mesmo.
E vencellado directamente con esta institución atópase a construcción dunha galescola en Ares, actuación que o grupo de goberno considera de vital importancia para este municipio, que carece deste servizo a pesares do seu constante crecemento demográfico. Así, o pleno ordinario tamén someterá a consideración dos edís da corporación a cesión duns terreos municipais situados no lugar coñecido como A Granxa para a execución da intervención, de modo que a galescola para nenos de entre cero e tres anos podería entrar en funcionamento o vindeiro curso escolar.
Outro dos temas que se abordarán no pleno e a integración do Concello de Ares no Fondo Galego de Solidariedade e a aprobación das ordenanzas fiscais de 2008, entre outras cuestións incluidas na orde do día.