Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 05 de Abril de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesAbril
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Xulgado do Social da a razón ao Concello nunha reclamación presentada por tres antigas traballadoras de axuda a domicilio
28 xullo 2010 15:12
O Concello de Ares vén de recibir unha sentenza do Xulgado do Social número 2 de Ferrol, na que se desestiman integramente as demandas interpostas por tres ex traballadoras de axuda a domicilio na administración local que reclamaban unha compensación salarial por un total de 6.908,91 por entender que debían equiparse ás limpadoras municipais. Deste xeito, a Xustiza da a razón ao Concello, que non terá que aboarlles indemnización algunha.
Como reza na sentenza, as traballadoras, que foron contratadas eventualmente polas circunstancias da producción entre o 8 de xullo de 2008 e o 7 de xullo de 2009, non teñen dereito a reclamar unha compensación salarial pola propia tipoloxía do contrato e a categoría profesional, que non aparece reflexado, segundo subliña o xuíz, no Convenio Colectivo, asinado o 24 de novembro de 2006.
“Las actoras fueron contratadas por el Concello demandado para desarrollar tareas de ayuda a domicilio, categoría inexistente en el Convenio Colectivo por el que se regulan las condiciones de empleo del personal laboral al servicio del Concello de Ares, y en el contrato se especificaba que la retribución mensual sería de 622,67 euros”, di a sentenza, que aporta xurisprudencia do Tribunal Supremo para concluir coa desestimación íntegra das reclamacións. “…Si el asunto no es abordado por esa negociación (colectiva), el defecto no puede ser suplido por la acción jurisdiccional porque estaría suplantando la actividad creadora de la norma jurídica”, sinala o fallo en relación a esta cuestión, polo que, remata, o salario non é outro que o asinado entre as partes e aboado no seu momento polo Concello.
Precisamente na sesión ordinaria do pleno de fin de mes, que terá lugar mañá, darase conta aos grupos municipais deste fallo.

SENTENZA ANTERIOR

Pero esta non é a única sentenza desfavorable para ditas ex traballadoras do Concello de Ares. Así as cousas, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia aceptou recentemente o recurso presentado polo Concello contra dúas destas tres antigas empregadas de axuda a domicilio –a terceira xa perdera no Xulgado do Social de Ferrol, xunto cunha cuarta persoa-, cuxo cese do contrato formalizado en xullo de 2009 fora declarado en Primeira Instancia como despido improcendente.
Esta sentenza do TSXG, que da a razón ao Concello e, polo tanto, deixa libre de responsabilidades á administración local, foi dada a coñecer aos grupos políticos con representación no Concello no pleno do pasado mes de xuño. As reclamacións iniciais destas catro ex traballadoras pasaban, despois de que o Concello non lles renovara o contrato e se decidira externalizar o servizo de axuda a domicilio, que se lles contratara como persoal laboral indefinido e, ademais, unha indemnización de 6.000 euros por empregada en concepto dos supostos atrasos correspondentes ao tempo transcurrido dende o remate dos contratos.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares