O alcalde recibe no Consistorio aos dous nenos do Sahara que veñen pasar os dous meses de verán con familias do municipio
28 xullo 2010 14:55O alcalde de Ares, Julio Iglesias recibíu este mediodía aos dous nenos saharauis que están a pasar os meses de xullo e agosto neste municipio con outras tantas familias aresanas, que tamén acudiron a esta visita co rexedor socialista.
O encontro tivo lugar este mediodía na Alcaldía e, ademais do propio Iglesias, estivo presente a concelleira de Servizos Sociais, Victoria Montenegro.
Os nenos, de 10 e 12 anos, que xa estiveran en anteriores ocasións neste municipio ou noutros da comarca, recibiron uns agasallos de mans de Iglesias, que lles expresou a súa satisfacción por poder recibir cada ano a nenos procedentesdo Sahara. A este respecto, destacou a xenerosidade das familias que cada verán participan nesta iniciativa, enmarcada dentro do proxecto “Vacacións en paz”.
Os nenos voltarán ao Sahara o día 3 de setembro.