Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 04 de xuño de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesxuño
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
Afombras florais nas nosas casa

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O PP reclama o cobro dun pleno extraordinario que abandonou antes de comezar a sesión
27 xullo 2010 09:41
O grupo de goberno de Ares considera “irresponsable” e totalmente “inmoral” a reclamación plantexada polos concelleiros do PP relativa ao cobro da asistencia ao pleno extraordinario celebrado o pasado día 24 de xuño, no que se ausentaron antes de que a sesión comezara. Este pleno celebrouse xusto despois do ordinario de fin de mes e, como xa foi explicado no seu momento, o portavoz “popular”, Manuel Cendán, anunciou a marcha dos integrantes do seu grupo antes de que se votara a ratificación da urxencia da sesión argumentando que non tiveran acceso á documentación relativa ao punto a tratar, que non era outro que a moción do PSOE sobre a denegación por parte da Xunta do obradoiro de emprego e da drástica reducción da partida e contratacións do Plan de Cooperación co Concello de Ares.
Polo tanto, a reclamación plantexada agora pola formación conservadora vén amosar, segundo os responsables municipais, que á irresponsabilidade do PP á hora de negarse a debatir en pleno estas importantísimas cuestións para os veciños e veciñas de Ares –o paro ronda o 21% da poboación activa deste municipio-, “escapando” dun pleno no que en realidade non querían dar a cara –a información relativa aos dous temas estivo a disposición dos grupos nunha comisión extraordinaria celebrada uns días antes da celebración deste pleno-, súmase agora a “inmoralidade” de reclamar uns cartos que non lles corresponden porque os edís marcharon do salón de plenos antes do inicio da sesión.
“O PP non para de esixir publicamente austeridade nas arcas públicas, pero cando é para eles, reclaman incluso o que non lles pertence”, manifestaron dende o Goberno local. “Este é un exemplo máis da doble moral do Partido Popular”, aseguraron os responsables municipais, que tamén fixeron fincapé na importancia dos temas a tratar nesa sesión plenaria que tivo que celebrarse finalmente sen a presenza dos catro edís da agrupación que lidera Manuel Cendán.
Como se recordará, a Alcaldía sacou adiante esta moción grazas aos votos do grupo de goberno (PSOE) e do concelleiro non adscrito (o BNG abstívose), na que se instaba á Consellería de Traballo a reconsiderar o proxecto presentado polo Concello de Ares para o obradoiro de emprego Insert@raes e a dar explicacións públicas sobre as verdadeiras razóns polas que a proposta nin siquera pasou á comisión avaliadora –sen dar o prazo que estipula a lei de dez días para presentar as autorizacións das obras que faltaban que, curiosamente, correspondían a departamentos da propia Xunta de Galicia e que, ademais, non foron necesarias na convocatoria de decembro na que, malia ser denegado, si pasou por este órgano de selección-.
Outro dos acordos da moción facía referencia ao Plan de Cooperación, que se veu reducido a case a metade con respecto ao 2008 –dun investimento de 176.650,62 euros e a contratación de 21 persoas pasouse a 96.049,89 euros e 14 contratacións neste exercicio 2010. A este respecto, a Alcaldía reclamaba que se manteña a mesma contía que en 2008 e, en consecuencia, tamén as mesmas condicións de contratación.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares