Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 31 de Maio de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMaio
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O campus da Fundación Celta de Vigo chegou hoxe ao seu fin coa entrega de diplomas e agasallos aos cincuenta nenos e nenas participantes
26 xullo 2010 10:12
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, entregou esta mañá no campo de fútbol municipal de Prados Vellos, xunto con Hugo Ramos –coordinador dos campus da Fundación Celta de Vigo- e o novo xogador do Celta B Alejandro Permuy –aresán-, así como responsables da directiva do Club Numancia –entidade colaboradora- os diplomas e agasallos aos cincuenta nenos e nenas que participaron ao longo desta semana no I Campus de Verán do Celta de Vigo no municipio de Ares.
O acto de clausura do campus tivo lugar despois da celebración dun partidiño entre os pais e nais dos rapaces e os propios nenos e nenas.
Esta iniciativa, que como todos os organizadores subliñaron pretende ter continuidade en vindeiro anos, contou coa colaboración do Concello de Ares, cuxo Goberno ten como un dos seus principais obxectivos en materia deportiva o de apoiar activamente todos aqueles proxectos que aposten e potencien o deporte e, moi especialmente, o de base.
No seu discurso, Iglesias, que tamén é o concelleiro de Deportes, explicou cómo se xestou esta iniciativa hai tres ou catro meses por parte da propia Alcaldía e cómo este campus acadou unha importante participación de nenos e nenas de Ares e, en xeral, de toda a comarca de Ferrol. “A idea fructificou, houbo un entendemento entre o Numancia e o Celta e, así, foi posible ofrecer este servizo non só aos aresáns, senón tamén a todos os que nos acompañan durante o período estival”, dixo o rexedor socialista.
O alcalde, ademais, destacou as instalacións das que dispón na actualidade o Concello en Prados Vellos, que permitiron desenvolver este campus e, en concreto, tivo unha emotiva lembranza para os veciños de Ares que, aló polos anos corenta, traballaron a reo e voluntariamente para construir o campo de fútbol. “Todo fixérono para que os máis pequenos poideran disfrutar dunhas instalación dignas”, afirmou Julio Iglesias, que tamén fixo un percorrido polos importantes cambios acontecidos en Prados Vellos nos últimos anos. Primeiro, coa cesión ao Concello polo Numancia das instalacións, hai uns tres anos, e a colocación, grazas á Deputación Provincial, de céspede artificial, e neste último ano coa instalación, por parte do Concello, dun pequeno parque infantil e coa construcción, con cargo ao Plan E do Goberno central, dunhas gradas, entre outras actuacións.
Finalmente, o alcalde agradeceu aos pais a confianza depositada nestes días, ao Celta por apostar por Ares para a celebración do que, dixo, agarda que sexa o primeiro de moitos campus de verán, e a o Numancia, pola súa colaboración activa nesta iniciativa.
Pola súa banda, Hugo Rama mostrouse convencido da aprendizaxe dos nenos aos longo destes días, aso tempo que asegurou que “todo lo que estaba a nuestro alcance, lo hemos dado”.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares