Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 17 de Febreiro de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesFebreiro
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12
3456789
10111213141516
17181920212223
242526272829

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ENTROIDO 2020

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Iglesias destaca o interese do grupo de Goberno en recuperar a vella tradición de decorar con flores os típicos balcóns da vila
25 xullo 2010 14:00
A veciña de Ares Carmen Seijas García, residente na rúa Anxos, 99, 2º D, foi a gañadora do I Certamen de Decoración Floral de Balcóns promovido polo Concello e consistente en 500 euros. Esta mañá, a Alianza Aresana acolleu a entrega de premios, que estivo presidida polo alcalde, Julio Iglesias.
O rexedor explicou aos asistentes –a maioría participantes nesta iniciativa- que o principal obxectivo do certame non era outro que o de “recuperar esa vella tradición que antes existía de forma espontánea” na práctica totalidade de balcóns aresáns, fundamentalmente con hortensias. Nesta liña, o alcalde socialista indicou que o grupo de goberno, para retomar este costume que embelecía a vila e incluso daba olores característicos das flores ás súas rúas, decidíu levar a cabo un concurso que fomentase o adorno dos balcóns.
Iglesias, así mesmo, informou de que no eido dos obradoiros de emprego, do que Ares poido disfrutar ata decembro do ano pasado e que dende entón e ata o de agora non foi aceptado pola Xunta, existe un proxecto para habilitar un invernadoiro de flores que se facilitarán de balde aos veciños que o desexen para decorar balcóns, así como para adornar as zonas verdes municipais.
Precisamente a recuperación e mantemento de zonas verdes é unha das máximas do goberno actual. A este respecto, Iglesias citou a recuperación nestes tres anos de mandato dos xardíns de Santa Catalina ou o mantemento do parque Rosalía de Castro –“o noso sinal de identidade”, asegurou-, así como a recuperación de A Xunqueira.
Finalmente, o alcalde socialista agradeceu aos membros do xurado –as presidentas das dúas asociacións de amas de casa existentes no municipio, unha delas presente no acto de hoxe, e dous técnicos de xardinaría que traballan de forma autónoma no Concello- o seu traballo nestes días para valorar os once balcóns que se presentaron ao certame e realizar un “difícil veredicto”.
O segundo premio, consistente en 300 euros, foi para Mª Carmen Justo García, residente no número 111 da rúa María, e o terceiro, de 200 euros, para Fermín López Requeijo, da rúa Real, nº 20. Todos os participantes recibiron un diploma no que consta a súa participación nesta iniciativa do Concello.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares