Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 22 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O parque Rosalía de Castro acollerá o vindeiro sábado a segunda edición da Festa da Xiba
20 xullo 2010 14:53
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, e o presidente da Asociación de Empresarios de Ares (Asemares), Leonardo Fernández Paz, presentaron esta mañá en rolda de prensa a que será a segunda edición da Festa da Xiba, que se desenvolverá o vindeiro sábado, día 24 de xullo, no parque municipal Rosalía de Castro.
Despois do éxito acadado o pasado ano, tanto a entidade como a institución municipal agardan consolidar con esta nova edición unha festa que, como dixo o rexedor socialista, incorporouse de cheo nos itinerarios gastronómicos da comunidade. Iglesias mostrou o seu agradecemento a Asemares polo traballo desenvolvido nesta dirección, asegurando que o Concello seguirá respaldando e organizando, como neste caso, todas aquelas iniciativas que redunden nun beneficio para os hostaleiros do municipio.
“A Festa da Xiba é froito do esforzo realizado pola asociación”, asegurou o alcalde, que animou a veciños e visitantes a participar nesta iniciativa.
Pola súa banda, Fernández Paz informou de que en total cociñaranse 350 kilos de xiba guisada con patacas, que se comezarán a repartir nunha cazola de barro con pan e bebida (viño, cervexa, refrescos ou auga) a partires das 13.30 horas. Segundo dixo, agárdanse elaborar arredor de mil racións de xiba, cuxa preparación iniciarase ás sete da mañá do sábado por parte dunha serie de cociñeiros que traballarán nunha das dúas xaimas instaladas no parque municipal. A outra xaima habilitarase para a compra dos tickets –o prezo é de oito euros con todo incluido- e de panos alusivos a dita festa.
Ademais, instalarase unha carpa para garantir o bo desenvolvemento desta actividade en caso de choiva.
Ás sete da tarde levarase a cabo un sorteo entre os asistentes de dous televisores de 32 pulgadas.
A Festa da Xiba tamén conta co apoio da Deputación Provincial e de Apares (Asociación de Promotores de Ares). En canto aos hostaleiros, son 21 os establecementos que, integrantes en Asemares, participan na Festa da Xiba.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares