Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 22 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O alcalde aposta pola colaboración estreita coa conselleira de Traballo e pídelle que "non se esqueza deste Concello"
14 xullo 2010 12:34
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, manifestou esta mañá, no marco da inauguración da escola infantil incluida na rede da Galiña Azul, a importancia de que a Consellería de Traballo e Benestar siga traballando e colaborando co Concello para poder impulsar os servizos que este municipio, un dos poucos da comarca que segue incrementando a súa poboación, precise. O rexedor dirixiuse á conselleira, Beatriz Mato, que presidíu este acto, para pedirlle que non se esqueza de Ares , ao tempo que puxo enriba da mesa unha “colaboración leal”.
Iglesias, que percorreu as magníficas instalacións do centro coa titular de Benestar; o xerente do Consorcio, Roberto Rodríguez; a xerente adxunta de Escolas Infantís do Consorcio, Carmen García Campelo; e boa parte da corporación municipal, asegurou que o incremento de poboación rexistrada nos últimos anos esixe tamén unha mellora dos servizos. Precisamente a escola infantil e o centro de día, que será inaugurado en outubro e que tamén foi visitado por estas autoridades políticas esta mañá, son froito dun esforzo, como puxo de manifesto o rexedor socialista, realizado polo propio Concello, coa cesión dunhas excelentes e amplas parcelas municipais, e da Xunta –hai que lembrar que ambas actuacións foron executadas polo anterior Goberno bipartito e rematadas no presente mandato-. “Queremos seguir traballando e colaborando coa Consellería, tentando facer as cousas ben”, dixo Julio Iglesias.
A escola infantil de Ares conta con 61 prazas. A empresa Kotlas, S.L. foi a adxudicataria da execución das obras, unha actuación considerada moi necesaria polo grupo de goberno, xa que ata o momento non existía ningunha escola infantil públicapara nenos de 0 a 3 anos. Demandada polos responsables municipais, a actuación correu a cargo do Consorcio, que recibíu do Concello unha parcela situada en Granxares.
A intervención consistíu na construcción dun inmoble nunha parcela de 1.071,79 metros cadrados de superficie total. O orzamento foi de algo máis de 589.000 euros.
En canto ao centro de día –esta mañá procedeuse á sinatura do convenio de xestión do mesmo por parte da conselleira e do alcalde-, ocupa unha parcela de algo máis de 5.000 metros cadrados e contará cunha capacidade para 40 usuarios. Ademais, disporá de instalacións para a posta en marcha dun servizo de comedor sobre rodas, comedor social e lavandeiría sobre rodas.
En total, habilitaranse catro áreas diferenciadas: acceso e recepción, actividade administrativa e de atención do persoal, auxiliar e de servizo.
A superficie útil construida é de 749,80 metros cadrados e, ademais, urbanizouse unha zona exterior de 3.023,21 metros para áreas de uso privado e outra de 1.155,20 metros cadrados para uso público.
A apertura do centro está previsto para outubro deste ano.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares