Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 22 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
A ALIANZA ARESANA ACOLLE O LUNS UNHAS XORNADAS DE COSTA NOROESTE DE APLICACIÓN DAS NOVAS TECNOLOXÍAS NO MEDIO RURAL
09 xullo 2010 12:57
A Alianza Aresana acollerá o vindeiro luns, día 12, as Xornadas “Experiencias de aplicación das novas tecnoloxías no medio rural”, promovidas pola entidade Costa Noroeste. Con esta iniciativa, este grupo de desenvolvemento rural que xestiona os fondos europeos Leader Galicia 2007-2013, pretende incidir na cidadanía a comunicación deste programa, principalmente axentes sociais, asociacións e entidades cidadás, institucións e medios de comunicación, así como calquera que teña en mente a realización dun proxecto, difundindo as axudas ás que se pode acoller a poboación da zona de actuación, os beneficios que nela redundarán, así como as experiencias doutros programas similares desenvolvidos con grande éxito noutros espazos.
Esta xornada será eminentemente práctica, e nela impulsarase a presentación de proxectos e brindarase a oportunidade de conformar un foro de encontro e intercambio de experiencias entre promotores e empresas relacionadas coa aplicación das novas tecnoloxías no medio rural.
As xornadas comezarán ás 09.30 horas coa entrega das acreditacións. Ás 10.00 procederase á benvida e presentación, acto que correrá a cargo do alcalde de Ares, Julio Iglesias, e do rexedor de Ferrol, Vicente irisarri (presidente de Costa Noroeste). O primeiro dos poñentes será José Miguel Curiel Cepeda, técnico da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agadez), que falará entre as 10.10 e as 10.30 das experiencias de aplicación das novas tecnoloxías e liñas de axuda.
A continuación, dúas persoas contarán as súas experiencias na aplicación deste programa. Trátase de Mariña Pose García, de granxafamiliar.com, e José Posada, xerente de Marrón Glacé.
Despois dunha breve pausa, a xerente de Costa Noroeste, Natividad González Laso, falará das axudas e proxectos deste grupo de desenvolvemento rural. As xornadas rematarán cunha mesa de asistencia aos promotores. Nesta, participarán Manuel Pan, responsable TIC de Fegatur; Francisco Rodríguez Moure, administrador da empresa Colabora Ingenieros; e Alejandro Lamas Pérez, director técnico da empresa Sixtema.

9-7-2010
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares