Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 29 de Maio de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMaio
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Ares acollerá por segundo ano consecutivo o "Chiquibasquet", que se desenvolverá en agosto
30 xuño 2010 13:01
A cantidade de actividades, e fundamentalmente a calidade, caracterizan a programación deportiva presentada esta mañá no consistorio nunha rolda de prensa presidida polo alcalde de Ares, Julio Iglesias. O rexedor estivo acompañado por Javier Sánchez, técnico deportivo do Concello, e Chiqui Barros, responsable dunha das actividades máis destacadas deste verán, o Campus de Baloncesto “Ares, verán 2010”.
O Campus de Baloncesto, tamén chamado Chiquibasquet, que se incorpora por segundo ano consecutivo ás actividades do verán, terá lugar entre o 23 e o 28 de agosto de 10 da mañá ás 13h. no pavillón deportivo municipal. O Chiquibasquet está dirixido a nenos e nenas de 6 a 16 anos que poderán inscribirse ata o venres 20 de xulio ás 12h. na Alianza Aresana (de 9h a 14h.) ou ben no teléfono 981448057. O prezo será de 35€ e inclúe a participación no Campus, un tentempé diario e un diploma xunto cun agasallo conmemorativo.
Barros, que agradeceu ao rexedor a colaboración prestada para poder levar a cabo esta iniciativa, explicou que o campus contará co mesmo equipo de monitores que o de Ferrol e que durante dous ou tres días acudirán algúns xogadores do Club de Baloncesto Ferrol e do Universitario, así como de Alberto Rodríguez. Aínda que a presenza deste último non está confirmada, o responsable do Chiquibasquet agarda poder contar con este xogador do Caja Rioja da LEB para a entrega dos diplomas.
Ademais do Chiquibasket, na programación de actividades estivais do Concello atópanse a XV Travesía a nado da Ría de Ares, o trofeo de fútbol “Concello de Ares”, ou unha “Rota en familia” en bicicleta, entre outras.
Iglesias destacou o esforzo do goberno local para deseñar un programa completo e que poda atender ás demandas da poboación. Así mesmo, confía en que as numerosas iniciativas propostas polo Concello sexan do agrado dos veciños e veciñas de Ares.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares