Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 26 de Maio de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMaio
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
LETRAS GALEGAS 2020

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O alcalde asegurou que porá todos os medios ao seu alcance para que as obras de abastecemento de Cervás estean executadas como moi tarde en xaneiro de 2011
28 xuño 2010 09:57
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, asegurou esta mañá no marco dunha reunión cos veciños de Chanteiro e Cervás convocada para dar conta persoalmente dos importantes compromisos acadados no encontro do pasado xoves co conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, que porá todos os medios que están ao seu alcance para que as obras de abastecemento de auga a Cervás estean en fase de execución como moi tarde e xaneiro de 2011.
Iglesias explicou os detalles da reunión co titular deste departamento, no que acadou o compromiso de Hernández de levar a cabo esta obra fundamental non só para os veciños de Cervás, senón tamén para os de Lubre e de Chanteiro. Como se lembrará, as obras de abastecemento en Chanteiro non terían sentido algún se non se fai o de Cervás, xa que son os tanques instalados en Cervás, nunha parcela xunto ao cemiterio para a que o Concello xa chegou a un acordo de adquisición cos seus propietarios e que na súa superficie irá un aparcadoiro público, subministrarán a auga a estas zonas do municipio atravesando dita parroquia e baixando ata Lubre.
Pero, ademais, o rexedor socialista anunciou que o conselleiro, despois das movilizacións de veciños e Concello, comprometeuse a garantir que as reposicións dos camiños e zonas afectadas polas obras da EDAR levaranse a cabo nas mellores condicións técnicas.
Iglesias fixo un percorrido polo proceso das obras de abastecemento e saneamento de Chanteiro e a do abastecemento de Cervás, que se remontan ao ano 2008 (foi entón cando o Concello encargou os respectivos proxectos), cando o entón conselleiro de Medio Ambiente, Pachi Vázquez, entendeu a situación dos veciños e asumíu o refundido dos proxectos de saneamento, por un lado, e de abastecemento en Chanteiro para executar mentres se realizaba a obra da EDAR, comprometendo os traballos de abastecemento de Cervás para xaneiro de 2011. Co cambio de goberno na Xunta, dixo o alcalde, estas últimas obras comezaron a perigar, sobre todo no relativo ao seu inicio, se ben a movilización da asociación vecinal, o Parlamento e a Alcaldía levaron á Consellería de Medio Ambiente a reconsiderar esta postura e a, finalmente, comprometerse publicamente a executala.
O alcalde tivo palabras de agradecemento aos veciños por respaldar ao Concello nesta tarefa.”Con loita e con tesón si se acadan as cousas, pero sempre con vós detrás”, asegurou o rexedor socialista.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares