Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 18 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O pleno aproba a incorporación do Concello de Ares ao Consorcio Galego de Servizos Sociais
25 Octubre 2007 10:08
O pleno da corporación aprobou na sesión ordinaria de fin de mes a adhesión do Concello de Ares ao Consorcio Galego de Servizos Sociais. Este punto recibíu o visto bo de todos os grupos políticos, que defenderon a incorporación do municipio ao Consorcio como mellor fórmula para acadar financiación para a construcción e posta en funcionamento de diferentes servizos nos ámbitos do benestar, a igualdade e os servizos sociais. De feito, os dous únicos partidos que condicionaran o seu apoio a un informe do secretario (PP, que presentara alegacións a este organismo durante o seu mandato por considerar que a Xunta interfería en competencias municipais) e a coñecer os estatutos (NAL), finalmente respaldaron a proposta.
E precisamente unha das primeiras actuacións que se executarán con cargo ao Consorcio é a galescola que o Concello pretende executar no municipio, e que finalmente foi retirada da orde do día –nun principio incluírase a cesión dos terreos ao Consorcio- á espera dunha nova visita dun técnico de Vicepresidencia. Tamén foi retirada a adhesión do Concello ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, á espera de que o tema sexa tratado previamente na vindeira xunta de voceiros.

ORDENANZAS FISCAIS

Outro punto que foi aprobado na sesión plenaria de hoxe é a relativa á aplicación do IPC nas ordenanzas fiscais do vindeiro ano, neste caso cos votos favorables do grupo de goberno (PSOE), PP e NAL e coa abstención do BNG. Como subliñou o alcalde, Julio Iglesias, unicamente se trataba de dar o visto bo a aplicación do IPC, xa que nunha próxima comisión de Facenda procederase á revisión de todos e cada un dos conceptos de ditas taxas.

SUBVENCIÓN PARA A REDACCIÓN DUN NOVO PXOM

O pleno, así mesmo, respaldou por unanimidade a petición dunha solicitude de subvención á Dirección Xeral de Urbanismo para a elaboración e redacción dun novo Plan Xeral de Ordenación Municipal. A solicitude foi aprobada pola vía da urxencia, xa que o prazo de presentación remata o día 31 deste mes. Esta iniciativa parte do goberno local, que é conscente de que é moi posible que o Concello teña que facer un novo planeamento, xa que o actual está en mans da Xustiza.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares