Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 02 de xuño de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesxuño
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O alcalde presidiu á inauguración das obras de rehabilitación da Casa do Patín e da futura sede dos Servizos Sociais municipais
18 xuño 2010 16:49
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, acompañado polos concelleiros do grupo de goberno e parte da corporación, inaugurou esta mañá as obras de rehabilitación da Casa do Patín (tamén coñecida como Escola de Nenas) e do inmoble situado no número 81 da rúa Real, futura sede dos Servizos Sociais municipais.
O rexedor contou coa presencia dos constructores que resultaron adxudicatarios destes traballos financiados con cargo ao Plan E de 2009, Titín e Hijos, S.L. –Casa do Patín- e Antonio Lestón –edificio de Servizos Sociais-, os dous de Ares. A esta circunstancia referiuse o rexedor socialista, que destacou o resultado “espectacular” das obras. “Non podo estar máis que agradecido porque aceptaron un reto e o resultado é magnífico”, asegurou Iglesias, que engadíu que “isto demostra que en Ares sabemos facer as cousas e que non hai que recurrir a fóra para levar a cabo este tipo de obras”.
A Casa do Patín, mercada pola anterior Consellería de Presidencia e a Deputación provincial por 183.308,69 euros –a institución coruñesa puxo 112.00 euros e Presidencia a contía restante- supuxo un investimento de 231.907,20 euros. Como explicou Iglesias, os traballos de rehabilitación consistiron na recuperación dun edificio emblemático de Ares, xenerando espazos para a que será Casa da Xuventude, sala de exposicións e aula multimedia e respectando e restaurando elementos tradicionais que aínda se mantiñan.
A pranta baixa acollerá un aula multimedia, que na actualidade xa está montada. Dotada da máis moderna tecnoloxía e dos mellores equipos existentes actualmente no mercado, este aula, equipada grazas á recepción de fondos europeos, dará servizo de docencia on-line a toda a comarca, ademais de substituir ao aula de informática e ser empregada, lóxicamente, polos veciños e veciñas de Ares. O primeiro andar acollerá a Casa da Xuventude e para dotala dos medios necesarios, como mesas de billar, tenis de mesa, consolas, etc., o Concello contará cunha subvención da Deputación de 24.000 euros. A este respecto, Iglesias destacou a importancia de que o municipio conte cun local público no que os mozos e mozas de Ares podan pasar o seu tempo de lecer, que ata o momento non existe.
O derradeiro andar será empregado como sala de exposicións. Trátase, como explicou o alcalde, dun espazo moi luminoso e que permite a colocación de paneis ou calquer outro material expositivo. Este espazo, que conta con dúas oficinas, completará o xa existente na Alianza.
En canto á rehabilitación do segundo edificio, tamén reformado con cargo ao Plan E (o inmoble foi mercado polo Concello en 2008), atópase no número 81 da rúa Real e acollerá a nova sede dos Servizos Sociais do Concello. Iglesias, neste sentido, destacou o máis que importante cambio producido no inmoble, xa que pasou de estar totalmente derruido e xenerando problemas graves de humidades aos edificios colindantes a convertirse nun exemplo de recuperación, tanto no seu interior como no exterior, coa rehabilitación dun típico balcón aresán e o respecto ás alturas que tiña na súa orixe.
A nova sede de Servizos Sociais, con dúas prantas, garantirá, segundo destacou Julio Iglesias, a intimidade dos usuarios e usuarias destes servizos, destinando o primeiro andar ao CIM e orientación familiar e o segundo ás asistentas sociais.
O investimento desta obra, executada por Antonio Lestón, foi de 137.004,70 euros.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares