Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 29 de Maio de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMaio
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Concello e Confraría trasladan á conselleira do Mar as revindicacións do sector do último ano e medio
16 xuño 2010 21:10
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, acompañado dos concelleiros do grupo de goberno, acudíu esta tarde á reunión que mantivo a conselleira do Mar, Rosa Quintana, cos integrantes da Confraría de Pescadores local. No encontro, que se desenvolveu no local do pósito, o rexedor socialista e os responsables da Confraría puxeron enriba da mesa unha serie de reivindicacións que se remontan ao último ano e medio e que xa foron obxecto de reclamacións por parte do goberno aresán a través de diversas vías; a última, mediante a presentación, a través da deputada socialista Beatriz Sestayo –que tamén estivo na reunión de hoxe-, dunha proposición non de lei e dunha pregunta. A pregunta precisamente será abordada en Comisión Parlamentaria este venres, día 18.
Entre elas, destaca a solicitude dun travel-lift de 80 toneladas, que como se puxo de manifesto de novo neste encontro, sería xestionado polo propio pósito aínda que daría servizo a toda a ría, xa que ninún porto da zona conta con instalacións destas características. A este respecto, patrón maior e alcalde lembraron que as obras da mariña seca e do foso foron executadas por Portos de Galicia no anterior mandato autonómico, polo que non deixa de ser paradóxico que, un ano e medio despois de rematar estes traballos, esta Confraría non conte cun travel-lift que permita elevar embarcacións e teñan que acudir a portos tan lonxanos como o de Cedeira –a catro horas de distancia- para facer uso deste servizo.
Outra das reivindicacións do pósito, e que tamén se inclúe na pregunta parlamentaria do grupo socialista, é a relativa á nave de departamentos, tamén construida durante o mandato anterior da Xunta. O feito é que, se ben as obras foron recepcionadas hai aproximadamente un ano e medio, a cámara frigorífica e a máquina de xeo non funcionan porque non hai corrente eléctrica suficiente o que obriga aos traballadores do mar a non poder utilizar este edificio para os fins para os que foi construido. O Concello e a Confraría fixeron unha vez máis fincapé na necesidade de que a Consellería resolva este problema menor dun xeito urxente para, así, dispor desta nova infraestructura, básica para estes traballadores do mar.
Ademais, o rexedor aproveitou a reunión para lembrarlle á titular do departamento do Mar que o porto non dispón de liña de voz e datos en toda a súa superficie e para presentarlle o proxecto de construcción da nova sede para o pósito, realizado dende o Concello baixo a supervisión da confraría. Como se lembrará, o proxecto contempla a construcción dun novo edificio que suporía a demolición do actual, a creación de espazos para a agrupación pesqueira (salón de actos, oficinas, fogar para os xubilados, etc.), un restaurante e un pequeno hotel, este últimos xestionados polo pósito como vía de obtención de ingresos para eles.



INICIATIVAS PARLAMENTARIAS

Este venres, día 18, a Comisión Parlamentaria abordará a iniciativa presentada, a instancias do alcalde, pola deputada socialista da comarca Beatriz Sestayo, que recentemente realizou unha visita ao porto aresán e hoxe mesmo acudíu á reunión coa conselleira no local da Confraría.
A través dunha proposición non de lei, Sestayo propón ao Parlamento que inste á Xunta a poñer a disposición dos profesionais do mar de Ares a nave de departamentos con todos os servizos precisos para o axeitado desenvolvemento da súa actividade e a radicar, de forma inmediata, o travel-lift no porto de Ares “a fin de dar o servizo imprescindible para as embarcacións”. Tamén, neste caso mediante pregunta parlamentaria, a deputada socialista pregunta cándo vai proceder a Xunta de Galicia a poñer a disposición dos traballadores da confraría as infraestrucuras e servizos con todas as condicións axeitadas para o desenvolvemento do seu traballo.
Beatriz Sestayo lembra que o anterior Goberno da Xunta realizou ao longo dos catro anos de mandato unha serie de obras para o sector pesqueiro que, a día de hoxe, non se poden utilizar posto que neste último ano e medio o actual Executivo do PP non foi quen de rematar.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares