Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 22 de Octubre de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesOctubre
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
"Alsacia en Galicia", da Casa Rural A Queira, elixido mellor pincho da primeira Ruta de Ares
11 xuño 2010 12:37
O pincho “Alsacia en Ares”, elaborado pola casa rural A Queira, foi, a xuizo do xurado, o mellor pincho, tanto de calidade como de sabor, da 1ª Ruta e Concurso de Pinchos de Ares, unha iniciativa promovida pola Asociación de Empresarios de Ares (Asemares) coa colaboración do Concello. Nun acto celebrado na noite de onte venres nunha repleta Alianza Aresana e presidido polo alcalde, Julio Iglesias, o xefe de departamento de Hostalería do IES Fragas do Eume de Pontedeume, Samuel Pérez, fixo público o dictamen do xurado –composto polo propio Pérez, outros profesores deste ramo do centro eumés e o rexedor-, que despois de realizar durante toda a tarde a ruta polos 17 establecementos participantes nesta iniciativa, valorou as receitas nas cinco categorías obxecto de distinción.
Así as cousas, ademais de A Queira, recibiron diploma Casa Reme, con Brazo de xitano de mar, como o pincho máis elaborado; o Club de Tenis de Redes, con patacas recheas de cacho con berza galega, como pincho de mellor presentación; O Pescador, con Sorpresa de mar e terra, como pincho máis innovador; e o Casino Aresán, con Mexilóns á vinagreta, como pincho máis tradicional. Ademais, o xurado tivo unha mención especial para a receita elaborada pola cafetería A Kafeta, a do Special-cho. Os diplomas foron entregados pola tesoreira de Asemares, Beatriz Labarta Sardiña, que estivo xunto cos integrantes do xurado ao longo de toda a tarde.
Tamén fíxose o sorteo de diversos agasallos entre os ruteiros entregados nos establecementos participantes debidamente selados por todos os locais. Neste apartado, destacaron o sorteo dun televisor de plasma de 42”, que lle tocou a María José Roel; dun portátil, para Gonzalo Mahía Pena; unha cámara de vídeo, que foi para Andrés Rodríguez Rodríguez, e unha cámara de fotos, que lle tocou a Mª Ángeles Silvar Varela.
Na súa intervención inicial, o alcalde subliñou a importancia da hostalería dun municipio que “ten moitas bondades que o fan moi atractivo”, pero que conta con este sector como única industria. Así, manifestou que “aquí temos moito que ofrecer e precisamos dalo a coñecer porque é certo que a Ares hai que vir a propósito, que o inverno é moi longo e que o verán dura unicamente tres ou catro meses”.
“Nós temos moi claro que dende as administracións temos que fomentar a hostalería e axudala a xerar riqueza”, asegurou o rexedor socialista, que engadíu que “se sabemos poñer en valor todo o conxunto, a nosa industria estará máis consolidada”.
Iglesias, neste aspecto, indicou que o que precisan os cidadáns é “darlle servizos, que son os que chean o pobo, e entre eses servizos, cada vez está máis en valor a hostalería”. Para Iglesias, a posta en marcha de iniciativas como a da Festa da Xiba, para a que o Concello contou o pasado ano –foi o 25 de xullo- coa colaboración deste sector, que se constituiu en asociación por entón, ou esta Ruta de Pinchos axudan a dar a coñecer a hostalería do municipio na súa práctica totalidade e a que “acaden o éxito ao longo de todo o ano”.
O xefe de departamento de Hostalería do IES Fragas do Eume tamén destacou esta iniciativa. “Seguides loitando pola gastronomía e servizos desta comarca”, dixo Samuel Pérez, que asegurou que “dades envexa porque organizades cousas que na miña terra –Bertamiráns- de momento non se fan”.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares