Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 22 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello felicita ao Club Náutico pola Bandeira Azul e esixe a Portos que agora máis que nunca é necesario que execute as actuacións pendentes
04 xuño 2010 15:12
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, remitíu os seus parabéns ao Club Náutico de Ares pola concesión, por parte da Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (Adeac), dunha Bandeira Azul, o que supón que o porto deportivo local convírtese no único da comarca merecedor deste galardón na presente tempada de verán.
Para o rexedor, a Bandeira Azul é un fiel reflexo do esforzo realizado por esta entidade, que ven traballando a reo dende hai moito tempo para dotar ás instalacións dos servizos necesarios e que ao longo dos últimos anos, concretamente durante o Goberno socialista da Xunta, veu cumprida boa parte das súas reivindicacións. Destaca neste eido as obras de ampliación das instalacións náutico-deportivas e a mellora das pesqueiras, unhas intervencións que supuxeron un investimento de 1,7 millóns por parte de Portos de Galicia, entón presidido por Jacinto Parga, e que consistiron na ampliación propiamente dita das instalacións –os puntos de atraque pasaron de 221 a 341- e na mellora da zona de varada e do dique de abrigo do porto comercial.
A este respecto, Iglesias destacou o feito de que Adeac concedera a Bandeira Azul malia non contar coa axuda de Portos de Galicia, que dende que se iniciou o presente mandato non realizou ningunha das actuacións pendentes e que tamén afectan á Confraría de Pescadores. De feito, Iglesias asegurou que “non deixa de ser paradóxico que o presidente de Portos, Manuel Álvarez-Campana, non visitara nunca o único porto da comarca que obtivo o galardón por parte deste organismo internacional”.
O alcalde de Ares subliñou a necesidade que teñen, tanto o Club Náutico como o pósito, de contar cun travel lift de ata 80 toneladas, un asunto que o PP galego non desbloqueou e que podería incluso levar á entidade aresana a adquirir un de segunda man para poder resolver o problema que teñen ao non poder levantar as embarcacións. “É intolerable que Portos non asuma as súas responsabilidades e poña nesta situación ao clube e á confraría”, manifestou Julio Iglesias, que tamén lembrou a situación da nave de departamentos, construida pola Consellería de Pesca do PSOE no porto local, que está sendo totalmente infrautilizada porque os pescadores non poden facer uso nin da máquina de xeo nin da cámara frigorífica pola falla dun transformador, que leva pendente de instalación dende hai máis dun ano. De feito, estas demandas foron plantexadas hai uns meses nunha iniciativa parlamentaria presentada pola deputada socialista Beatriz Sestayo, que trasladou á Cámara autonómica as inquedanzas e necesidades dos integrantes do pósito e do Náutico, respaldadas na súa totalidade polo equipo de goberno local.
Finalmente, o porto precisa, segundo indicou o máximo responsable da Administración local, das comunicacións necesarias –concretamente voz e datos- para unhas instalacións que se teñen convertido nunhas das mellores do chamado Golfo Ártabro e, dende hai dous días, na única da comarca merecedora dunha Bandeira Azul. “Agora máis que nunca é necesario que Portos de Galicia estea a altura das circunstancias e mude a actitude que ten con Ares de total pasotismo por outra de colaboración e de cumprimento dos compromisos adquiridos co Náutico e os pescadores durante a era socialista”, apuntou Iglesias, que insistíu na importancia que ten este galardón para o municipio e o turismo. “Queremos non só transmitir os nosos parabéns, senón tamén darlle as grazas ao Club Náutico por este distintivo, acadado a pesares do nulo traballo de Portos de Galicia”, dixo Iglesias, que engadíu que “para o Concello é unha honra contar con entidades que amosan a súa capacidade e o seu bo facer”.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares