Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 11 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello programa varios actos para o Día para a Eliminación da Violencia contra a Muller
29 Octubre 2007 10:04
O Concello de Ares, a través do Centro de Información á Muller da Concellaría de Servizos Sociais, que dirixe a socialista Victoria Montenegro, organiza diferentes actos para conmemorar o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, que se celebra o 25 de novembro.
Así, durante a segunda quincena do vindeiro mes, porase en marcha a campaña de difusión “Violencia, tolerancia cero”, unha actividade que consiste no envío a todas as asociacións de Ares de material da iniciativa desenvolvida pola Obra Social de La Caixa e de información sobre os recursos existentes no municipio no ámbito de atención á muller, como son o do propio CIM, con asesoramento psicolóxico e xurídico, ou o novo servizo de teleasistencia.
Os alumnos de 4º da ESO do CEIP Conde de Fenosa serán os destinataios doutra das actividades enmarcadas na conmemoración desta data. Así, o día 22 de novembro, entre as 16.00 e as 17.40 horas, haberá un vídeo-forum sobre prevención da violencia de xénero, no que, xunto co CIM do Concello de Ares, colaborará o gabinete de orientación deste centro escolar. Con esta iniciativa, preténdese, dunha forma dinámica e participativa, traballar a prevención da violencia de xénero, incidindo nos diferentes tipos de violencia: psicológica, física, económica e social. Deste modo, os organizadores queren acadar a prevención eficaz, suscitando un debate sobre temas como a corresponsabilidade familiar, roles e xénero, etc.
Ademais, o 27 de novembro desenvolverase un obradoiro de autoestima, que se celebrará nas Escolas do Porto entre as 17.00 e as 20.00 horas, e que conta coa subvención do Servizo Galego de Igualdade da Xunta. O curso será impartido pola Asociación Lilith e no mesmo abordaranse diferentes temáticas dende unha perspectiva de xénero, enfocadas cara unha autoafirmación das participantes nos diversos eidos traballados. Neste caso concreto, o tema central é o autocoñecemento a través dos seguintes eixos: coidado propio e alleo, autoimaxe e afirmación.
O número mínimo de asistentes ao obradoiro é de 8/10 persoas, mentres que o máximo de participantes está fixado en 15. Para facilitar a asistencia ao taller das mulleres que teñen nenos ao seu cargo, a Concellaría de Servizos Sociais, en colaboración coa área de Educación, porá a disposición das asistentes, con carácter excepcional, un servizo de gardaría, que prestará a ludoteca municipal. Deste xeito, haberá unha coidadora que se encargará dos pequenos mentres as súas nais participan neste obradoiro.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares