Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 17 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello porá en marcha co gallo do Corpus un dispositivo especial de tráfico na vila
02 xuño 2010 17:11
O Concello de Ares, a través da Concellería de Tráfico e a Policía Local, porá en marcha un dispositivo especial de tráfico co gallo do Corpus, que se celebrará este domingo, día 6 de xuño. Co obxectivo de facilitar o normal desenvolvemento dos actos programados, entre o que destaca a elaboración das alfombras florais e a procesión que terá lugar despois da misa das cinco da tarde, levaranse a cabo unha serie de medidas especias.
En concreto, non se poderá estacionar nin circular entre as 13.00 horas do sábado 5 e a tarde do domingo na praza da Igrexa, no tramo comprendido entre Saavedra Meneses e a rúa Real; na rúa Real, dende a praza da Igrexa ata a rúa Xuncal; na rúa Xuncal, entre o cruce do local Calle 88 e o número 135 da rúa María; e na rúa María, dende dito número e ata o 61.
Dado que algúns grupos de veciños comezarán os traballos dous ou tres días antes desta celebración –concretamente, para o pintado e marcado de figuras-, en zonas puntuais que estarán sinalizadas axeitadamente poderase interrumpir o paso de vehículos ou o estacionamento, aínda que unicamente será o tempo que estes veciños precisen para poder rematar ditos traballos. As zonas que se poden ver especialmente afectadas son o treito da rúa Real comprendido entre a avenida de Mugardos (farmacia) e as Escolas do Lago (rúa Xuncal), donde os veciños comezarán a traballar dende mañá xoves, así como os viais anteriormente mencionados.
Dende o Concello faise un chamamento á colaboración cidadá, ao tempo que se piden disculpas de antemán polas molestias que estas medidas extraordinarias e puntuais poidan ocasionar.

Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares