Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 20 de Setembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O alcalde de Ares inaugurou esta mañá a nova Praza da Igrexa e a rúa dos Anxos
31 Maio 2010 16:04
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, acompañado pola totalidade dos compoñentes do grupo de goberno, inaugurou esta mañá a praza da Igrexa, unha das principais actuacións levadas a cabo no presente mandato. Como se lembrará, as obras de urbanización poideron executarse grazas ao investimento de 152.223,96 euros por parte da Deputación Provincial na primeira fase, e duns 300.000 para as dúas seguintes pola Consellería de Política Territorial do Bipartito da Xunta. As obras foron realizadas pola empresa Xestión Ambiental de Contratas.
A actuación contemplou, entre outros traballos, a supresión da doble dirección de vehículos dende a rúa María á de San Andrés e a eliminación do vial que vai paralelo á fachada noroeste da igrexa, creando unha ampla zona axardinada en substitución da isleta anterior. Tamén procedeuse ao traslado da fonte de pedra situada na parte posterior da igrexa, quedando á mesma altura do templo, e recuperouse o río Cachorra, instalando unhas cristaleiras que permiten ver o paso do caudal por debaixo da praza.
Finalmente, modificouse o alumeado con luminarias asimétricas pechadas e levouse a cabo o soterramento das liñas de media tensión.
O Concello rematou a obra coa colocación dunha estatua que recorda a Hermelinda, unha muller xa finada e moi coñecida no pobo por vender xornais polas rúas da vila durante moitos anos.
Minutos despois do primeiro acto, o rexedor socialista e os edís do grupo de goberno camiñaron pola rúa Anxos, outro vial obxecto de obras de mellora tamén inaugurado oficialmente esta mañá. Neste caso, a intervención de urbanización afectou ao tramo comprendido entre a propia igrexa e o mercado. A intervención, que supuxo un investimento de 221.289,48 euros –a Xunta aportou 154.902,64 euros e o Concello a partida restante-, consistiu na pavimentación da rúa, a dotación de mobiliario urbán, e a mellora e reposición do alumeado e do tendido eléctrico e telefónico.
Con esta obra, mellorouse un espazo comercial, xa que esta rúa é unha das que dá acceso ao mercado aresán e, ademais, acolle os martes e os venres o tradicional e concurrido mercadiño.

Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares