Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 22 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello de Ares colabora un ano máis na celebración das alfombras florais do Corpus
31 Maio 2010 14:00
O Concello de Ares colabora un ano máis na festa das Alfombras florais, que se celebra para festexar o Corpus Christi. Este ano, será o 6 de xuño cando as principais vilas de Ares amencerán cos magníficos debuxos elaborados con flores nos seus solos.
Grazas á Deputación Provincial, que colabora activamente con esta celebración, a agrupación que aglutina a todos estes voluntarios editaron carteis e uns trípticos divulgativos e informativos de dita celebración. Nestes folletos, que inclúen fotos da festa e do proceso de elaboración das alfombras, cóntase como o traballo comeza aproximadamente un mes antes do Corpus, coa colleita dos materiais vexetais e doutra índole –aínda así, ao longo do ano vanse gardando outros compoñentes non perecedoiros que se empregan para o embelecemento das rúas-. É no último mes no que, como “unha grande familia”, os veciños reúnense por grupos –van por tramos de viais- para cortar o verde e preparar todo o necesario para elaborar as alfombras, que teñen na madrugada do sábado ao domingo a xornada de maior intensidade e, por suposto, traballo. Durante toda a noite, ducias de cidadáns de todas as idades traballan a reo para que a primeira hora da mañá as rúas luzan cos máis hermosos deseños florais.
Este ano, o programa relixioso inclúe o Triduo de preparación, que se desenvolverá entre o xoves 3 e o sábado 5, e a misa solemne do mesmo día 6. Esta celebración relixiosa terá lugar ás 17.00 horas na igrexa parroquial de San Xosé e, como ven sendo habitual, a continuación levarase a cabo a procesión –na que é tradición que participen os nenos e nenas que ese día fan a súa Primeira Comunión-, que realizará o percorrido da alfombra.
Dende a agrupación veciñal faise un chamamento á participación nestes actos, ao tempo que expresan o seu “máis sinceiro agradecemento” pola contribución prestada aos veciños do municipio e da comarca, aos establecementos da vila e á Deputación, Caixa Galicia e ao Concello de Ares.
A este respecto, hai que lembrar que a pasada semana o alcalde, Julio Iglesias, facía entrega aos voluntarios que traballan cada ano na elaboración das alfombras dun DVD editado pola Deputación e reproducido pola Administración local ao obxecto de que lles quede un recordo do seu propio traballo.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares