Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 20 de Setembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O alcalde recibiu aos representantes da directiva do FC Barcelona, das peñas e do Mundo Deportivo
29 Maio 2010 23:21
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, recibiu esta tarde aos responsables da directiva do FC Barcelona, do diario Mundo Deportivo e das peñas participantes na XX Xuntanza de Peñas Barcelonistas Galegas, que se está desenvolvendo esta fin de semana no municipio. Despois dun pequeno encontro no paseo marítimo, a comitiva accedeu ao salón de plenos do Consistorio, donde o rexedor realizou un pequeño discurso, no que asegurou que “todo esto no sería posible sin el Barça, por supuesto, y sin las peñas”. Iglesias tivo unhas palabras de agradecemento aos integrantes da agrupación local, da que, segundo lembrou, “desde el primer momento tuvo su sede y siempre hicieron sus viajes para ver algunos partidos, costase lo que costase”. “Sin esta gente –en relación aos representantes da Peña Aresana-, la xuntanza habría sido imposible”, dixo.
O alcalde tamén destacou a grande afición ao fútbol existente en Ares, fomentada dun xeito especial hai moitos anos polo pastor evanxélico Arthur Ginnings, que ensinou aos rapaces da vila a xogar na ribeira. Dende entón, manifestou o rexedor socialista, xurdiu unha grande afición entre o conxunto da poboación –evanxélicos e non-, que continúa moi viva na actualidade e que ao longo da historia deixou importantes figuras como a de Marcelino Martínez Cao, ex xogador aresán da selección española, que marcou aquel máis que sembrado gol de cabeza a Rusia na final da Eurocopa de 1964.
Para rematar a recepción, Iglesias entregou uns agasallos ao subdirector do Mundo Deportivo, Francesc Perearnau, e ao responsable da Área Social do FCB, Enric Nadeu, así como uns pins do Concello de Ares ao resto da comitiva, na que se atopaba o “Lobo” Carrasco. Todos estes deixaron a súa impronta no Libro de Ouro do Concello.
Antes da cea de confraternidade, a Alianza Aresana acolleu un coloquio, baixo o título “El Barça de las seis copas”. Moderado pola xornalista de TVE María José Malia, interviron o alcalde, Julio Iglesias; o “Lobo” Carrasco, ex xogador do FCB; o subdirector do diario Mundo Deportivo, Francesc Perearnau; o responsable da Área Social do Barcelona, Enric Nadeu; o adestrador Juan Veiga; o presidente da Coordinadora de Peñas Galegas Barcelonistas, Salvador Cerviño; e o presidente da Peña Barcelonista Aresana, Manuel Fernández (Choni).
A xornada de mañá comezará coa entrega das credenciais, ás 10.00 na oficina de turismo, ás peñas que non poideran asistir o día anterior. Do parque Rosalía sairá, media hora máis tarde, un desfile de peñas con gaiteiros cara o Concello, donde, ás 10.45, serán recibidos pola corporación municipal. Despois de dita recepción, que inclúe o discurso aos asistentes dende o balcón do Consistorio do alcalde, Julio Iglesias, e dun representante das peñas, os peñistas realizarán unha visita guiada ao mosteiro de Santa Catalina, con degustación de mexilóns amenizada pola rondalla Trovadores e a Banda de gaitas, e ao miradoiro de A Bailadora.
O pavillón municipal será o escenario do xantar e no que, unha vez rematado, entregaranse unhas placas a Marcelino Martínez Cao (ex xogador do Zaragoza e da Selección Española), nunha homenaxe como xogador destacado de Ares, e á persoa que acuda en representación de José Ramón Ramos Cartelle, presidente fundador da Peña de Ares, xa finado, e que recibirá unha homenaxe a título póstumo. Ademais, declararase socio de honra desta peña ao rexedor local, Julio Iglesias.
O intercambio de agasallos entre as peñas, o sorteo de varios premios, o discurso de despedida da representación do FC Barcelona e a presentación da vindeira xuntanza pecharán esta Xuntanza, que neste último acto contará coa actuación do Grupo Kaiser.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares