Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Miercoles 18 de Setembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
A Copa da Champions e a da Liga móstranse ao longo desta xornada aos aresáns e visitantes nunha sala da Alianza
29 Maio 2010 23:19
Dende as 10.00 desta mañá, os aresáns e visitantes teñen a oportunidade de ver in situ as Copas da Champions League –acadada polo FC Barcelona o ano pasado- e a da Liga –gañadas nas dúas últimas tempadas polo equipo catalán-. Estas son dúas das seis copas acadadas por un equipo que neste municipio conta cunha peña das máis activas da zona e que este ano é a encargada de organizar a XX Xuntanza de Peñas Barcelonistas Galegas, que se desenvolve ao longo desta fin de semana e que conta coa colaboración do Concello de Ares, a Coordinadora Galega de Peñas do Barça e o diario deportivo catalán Mundo Deportivo.
“O Barça das seis copas” é precisamente o eslogan elixido pola peña aresá nesta xuntanza, na que participan 28 agrupacións barcelonistas chegadas de toda Galicia e doutras tres procedentes de Andorra, Toledo e San Adrià de Besós (Barcelona). En total, a peña local agarda congregar a unhas 500 persoas, que dende esta mesma xornada participarán nunca serie de actos, algúns institucionais e outros de confraternidade, promovidos pola entidade.
A mostra ao público das dúas copas é, sen lugar a dúbidas, unha das iniciativas de máis calado para os veciños que, dende primeira hora da mañá, acudiron masivamente, cámara de fotos en man na maioría dos casos, á Alianza Aresana. Custodiadas pola Policía Local, as dúas copas convertíronse no reclamo desta primeira xornada de encontro, que tamén inclúe unha recepción do alcalde, ás 19.00 –hora ata a que estiveron exportas na sala da Alianza as dúas copas-, aos representantes do clube, do Mundo Deportivo e das peñas participantes, un coloquio na Alianza ás 20.00 horas e, finalmente, unha cea de confraternidade no restaurante Lito’s da vila.
Mañá domingo haberá unha recepción da corporación municipal a todos os participantes, que se iniciará cun desfile dos peñistas –con gaitas incluido- ás 10.30 horas dende o parque municipal Rosalía de Castro. Un xantar no pavillón e as homenaxes ao presidente fundador da peña aresá, José Ramón Ramos Cartelle, –a título póstumo- e ao ex xogador da selección española e do Zaragoza Marcelino Cao, así como o nomeamento do alcalde, Julio Iglesias, como socio de honra da peña, porán fin a esta xuntanza, na que tamén haberá intercambio de agasallos e a presentación da vindeira reunión anual.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares