Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 27 de Octubre de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesOctubre
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
SENDARES 2020

IV CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL

Os Bolechas - O Ares indiano

Aparcares.com

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello colabora na XX Xuntanza de Peñas Barcelonistas Galegas, que terá lugar en Ares os días 29 e 30
27 Maio 2010 15:01
O Concello de Ares colabora, xunto coa Coordinadora de Peñas Barcelonistas Galegas e o diario Mundo Deportivo, na XX Xuntanza de Peñas Barcelonistas Galegas, que se desenvolverá en Ares os días 29 e 30 de maio (sábado e domingo) organizada pola Peña Barcelonista Aresana.
Ao longo destes dous días reuniranse na vila arredor de 500 persoas, pertencentes a 28 peñas de toda Galicia e “La Massana” de Andorra, “20 de mayo” de Quintana de la Orden (Toledo) e a de San Adrià de Besós (Barcelona). Ademais dos peñistas, acudirán a Ares algúns destacados ex futbolistas do FC Barcelona, como o “Lobo” Carrasco, Julio Alberto ou Cuellar, así como o adestrador Johan Cruyff e representantes da directiva e do xornal Mundo Deportivo.
Outro dos alicientes desta xuntanza é a presenza en Ares de dúas importantes copas, a da Champions e a da Liga, que permanecerán expostas ao público o sábado 29 na Alianza Aresana, entre as 10.00 e as 19.00 horas. As persoas que o desexen poderán visitar este espazo municipal para ver in situ as dúas copas e facer fotos.
Nesa mesma xornada, ás 19.30 horas, terá lugar o recibimento ás directivas, autoridades e presidentes das peñas, entregando entón as credenciais ás agrupacións participantes na xuntanza. A continuación, ás 20.00 horas, comezará na Alianza Aresana un coloquio baixo o título “El Barça de las 6 copas”, para rematar a xornada cunha cea de confraternidade no restaurante Lito’s. Despois da cea procederase á entrega dos premios “Barça Galicia 2009”. O dúo “Tal cual” será o encargado de amenizar a velada.
O domingo comezará coa entrega das credenciais, ás 10.00 na oficina de turismo, ás peñas que non poideran asistir o día anterior. Do parque Rosalía sairá, media hora máis tarde, un desfile de peñas con gaiteiros cara o Concello, donde, ás 10.45, serán recibidos pola corporación municipal. Despois de dita recepción, que inclúe o discurso aos asistentes dende o balcón do Consistorio do alcalde, Julio Iglesias, e dun representante das peñas, os peñistas realizarán unha visita guiada ao mosteiro de Santa Catalina, con degustación de mexilóns amenizada pola rondalla Trovadores e a Banda de gaitas, e ao miradoiro de A Bailadora.
O pavillón municipal será o escenario do xantar e no que, unha vez rematado, entregaranse unhas placas a Marcelino Martínez Cao (ex xogador do Zaragoza e da Selección Española), nunha homenaxe como xogador destacado de Ares, e á persoa que acuda en representación de José Ramón Ramos Cartelle, presidente fundador da Peña de Ares, xa finado, e que recibirá unha homenaxe a título póstumo. Ademais, declararase socio de honra desta peña ao rexedor local, Julio Iglesias.
O intercambio de agasallos entre as peñas, o sorteo de varios premios, o discurso de despedida da representación do FC Barcelona e a presentación da vindeira xuntanza pecharán esta Xuntanza, que neste último acto contará coa actuación do Grupo Kaiser.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares