Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 31 de Marzo de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesFebreiro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O pleno aprobou por unanimidade esixir a Medio Ambiente e Augas de Galicia a execución do abastecemento de Cervás
26 Maio 2010 17:45
O pleno da corporación aprobou esta mañá por unanimidade de todos os grupos unha moción do PSOE instando á Consellería de Medio Ambiente a levar a cabo a urxente licitación do abastecemento de Cervás, “cumprindo o compromiso da Xunta de completar as obras da EDAR e, deste xeito, dotando destes servizos ao conxunto da parroquia, tanto na zona de Chanteiro como de Cervás”. No documento tamén reclámase ao Goberno galego que a obra se execute á maior brevidade, xa que o abastecemento de Chanteiro non pode funcionar sen este servizo en San Pedro de Cervás.
Ademais, na sesión ordinaria de fin de mes aprobáronse as primeiras modificacións das normas subsidiarias que están en vigor dende que o Tribunal Supremo anulou o Plan Xeral de Ordenación Municipal de 1999. Como se lembrará, ditas normas datan de 1977 e, como se indica no expediente, “ademais de ser un documento de mínimos para o que no seu día significaba Ares urbanisticamente, é dicir, de nula ou escasa actividade urbanística, hoxe en día está superado tanto normativamente como na realidade física”. Precisamente para atallar esas indeterminacións, deficiencias e desaxustes na normativa, o Concello, que tamén está a traballar na redacción dun PXOM –este proceso leva moito tempo e, como dixo o alcalde, Julio Iglesias, ante o anuncio do Goberno da Xunta dunha nova Lei do Solo, que afectará fundamentalmente aos núcleos rurais, decidiuse agardar a dita publicación para adaptar o planeamento á nova realidade-, levou a cabo a modificación das normas subsidiarias, que permitirá ordenar os espazos urbáns.
As primeiras modificacións foron esta mañá a pleno e recibiron o apoio do grupo de goberno (PSOE), PP, NAL e o concelleiro non adscrito, mentres que o BNG se abstivo. Algunhas destas modificacións teñen unha especial relevancia, como a que permitirá ampliar o CPI Conde de Fenosa –cualificando como dotacionais, mantendo a clasificación de rústicas, unha serie de parcelas anexas ao centro escolar-, a adecuación do proxecto de recuperación da fachada marítima de Redes que está executando Costas ou a adecuación do proxecto, tamén de Costas, de recuperación do borde litoral de Chanteiro, que será realizado proximamente e consistirá nun investimento duns tres millóns de euros nesta zona.
Así mesmo, procedeuse á aprobación do convenio de colaboración entre o Consorcio e o Concello de Ares para a xestión do centro de día. Este punto recibíu o visto bo do PSOE, PP, NAL e concelleiro non adscrito e o rexeitamento do BNG.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares