Os dous novos Policía Locais de Ares recibiron esta mañá os seus diplomas na Academia de A Estrada, nun acto ao que acudíu o concelleiro desta área
24 Maio 2010 17:18O concelleiro de Persoal e Policía Local, José Ferreiro, acudíu esta mañá á Estrada para participar no acto de entrega de diplomas aos alumnos da 4ª promoción de Policías Locais. No caso de Ares, foron dúas as persoas que recibiron ditos diplomas, despois de levar a cabo a formación pertinente de seis meses na Academia de Policía da Estrada que os acredita como Policías Locais.
Deste xeito, os dous axentes –un home e unha muller-, que durante moitos anos traballaron para a Policía de Ares como auxiliares e recentemente superaron as probas convocadas polo Concello, incorporánse como Policía Locais, sendo tres os axentes que conforman este Corpo no municipio.
Ademais, xa están traballando os tres auxiliares que o Concello contrata por estas datas para incrementar a seguridade e mellorar o tráfico durante o verán, meses nos que Ares chega a triplicar a súa poboación.