Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 24 de Febreiro de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesFebreiro
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12
3456789
10111213141516
17181920212223
242526272829

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ENTROIDO 2020

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O alcalde de Ares incide na necesidade de esforzarse no eido educacional para rematar coa violencia de xénero
21 Maio 2010 23:56
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, acompañado pola Subdirectora da Escola Universitaria de Enfermaría de Ferrol, María Jesús Movilla, foi o encargado de clausurar esta tarde as III Xornadas sobre a violencia de xénero “De vítima a supervivinte”, promovidas polo Concello de Ares e que se desenvolveron entre onte e hoxe no mosteiro de Santa Catalina.
O rexedor socialista dirixiuse ás arredor de 130 persoas que participaron nesta iniciativa da Concellaría de Servizos Sociais –e que contaron, nas dúas xornadas, coa presenza da edila da área, Victoria Montenegro, e do seu equipo técnico- para facer unha exposición centrada nos avances xurídicos dos anos 80 -Código Civil e Penal, que se modificaron para adaptarse ao novo marco constitucional-, que racharon coas graves desigualdades entre xéneros, como eran, segundo citou, a patria potestade para os pais, a cesión dunha dote por parte dos pais da muller para que o seu marido a administrase, a inexistencia da violación no eido do matrimonio, a licenza marital necesaria para que unha muller poidera exercer algunha actividade profesional ou a perda da nacionalidade española se unha muller casaba cun extranxeiro. Todo iso, dixo, quedou no esquecemento no ano 81, pero, engadíu, “que fai falta para mudar as mentalidades?”.
“A lexislación aplicouse ao día seguinte de aprobarse, pero a mentalidade leva moitos máis anos mudala”, asegurou, ao tempo que indicou que “a violencia de xénero segue a ser un drama, unha situación que hai que erradicar e que, aínda que a tolerancia cero está asentada en moitos ámbitos, algo sigue fallando”. “Quizá no eido educacional non se fan todos os esforzos e, se si se fan, aínda non deron todos os seus froitos”, afirmou o alcalde de Ares, que agardou que estas xornadas serviran como “un graniño de area” nesta loita contra a violencia de xénero e a desigualdade entre homes e mulleres.
Iglesias destacou o elevado nivel das ponencias e dos seus relatores e tamén referiuse ao “magnífico” entorno no que se desenvolveron as xornadas, das que dixo que “son un estupendo escaparate de Ares, que non só é a praia que está á entrada da vila”.
Ao longo destes días, destacados profesionais vencellados de diferentes xeitos á violencia de xénero e á súa loita, procedentes de diversos puntos de España, levaron a cabo ponencias e debates –incluso houbo unha representación teatral e un obradoiro- que despertaron o interese de moitos técnicos e estudantes. Estes últimos recibirán, ademais do diploma, un crédito de libre configuración da UDC.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares