Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 24 de Febreiro de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesFebreiro
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12
3456789
10111213141516
17181920212223
242526272829

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ENTROIDO 2020

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O alcalde entregou esta tarde un DVD no que se recolle a realización das alfombras do Corpus
21 Maio 2010 23:55
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, entregou esta tarde, no marco dun acto celebrado na Alianza Aresana e no que tamén estiveron parte dos concelleiros do equipo de goberno, un DVD aos veciños e veciñas do municipio que cada ano realizan as alfombras florais do Corpus.
O rexedor explicou aos cidadáns que se deron cita en dito acto, e que incluíu a proxección do DVD, que recentemente o vicepresidente da Deputación, Pablo Villamar, presentara este traballo realizado por unha empresa en 2009 empregando unha moderna técnica fotográfica para plasmar nuns minutos todo o traballo que estes veciños realizan ano tras ano na festividade do Corpus. Dado que dita presentación tivo un carácter institucional, o grupo de goberno decidíu levar a cabo, previa autorización da institución provincial, unha serie de copias do DVD para, así, ademais de mostralo publicamente, poder facerllas chegar aos que fan este traballo.
Iglesias destacou o mérito que teñen estes cidadáns, moitos deles de avanzada idade, que xa están traballando dende semanas antes do Corpus e pasan toda a noite anterior á festividade sen durmir para que, aresáns e foráneos, disfruten dos excelentes deseños florais o domingo festivo.
Ademais, o rexedor socialista animou ao máis mozos do municipio a que participen e tomen o relevo para que, deste xeito, esta tradición de profundo calado en Ares poida seguir desenvolvéndose en vindeiros anos.
Este ano, o Corpus celébrase o domingo 6 de xuño e os veciños, que traballan divididos por rúas –cada grupo fai o deseño e o traballo dun tramo-, xa levan tempo picando as flores e o verde que engalanarán os principais viais da vila nesa xornada.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares