Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 17 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello de Ares acusa á Xefa Territorial de Educación de "pasotismo, incapacidade profesional e total desprezo" ante o problema do Conde de Fenosa
20 Maio 2010 15:44
A actitude que está a manter a Xefa Territorial de Educación, Teresa Villaverde Pais, co grave problema existente no CPI Conde de Fenosa, cunhas instalacións saturadas e uns nenos e nenas de Infantil recibindo clases nunhas aulas nos sotos do inmoble nun estado cando menos cuestionable, é, a xuizo do equipo de goberno local, “lamentable”. O equipo de goberno considera que Villaverde está a actuar cun total “pasotismo, incapacidade profesional e total desprezo” non só cara o Concello, senón tamén cara o propio CPI, que nin siquera pisou no que vai de mandato (máis dun ano).
Segundo explicaron os responsables municipais, a Xefa Territorial non respostou ás chamadas do alcalde, Julio Iglesias, e cando por fin éste puido poñerse en contacto con ela, non houbo resposta algunha a este problema. Ademais, o rexedor solicitou hai xa dous meses unha entrevista con Villaverde, que a día de hoxe non ten data nin resposta algunha.
Ante estes feitos, o goberno local tivo que acudir ao Delegado Territorial, Diego Calvo, que se comprometeu a interesarse por esta cuestión. Os responsables da administración agradecen a Calvo a súa receptividade e agardan que a Xefa Territorial da Consellería de Educación tome exemplo e asuma as súas responsabilidades, o que, dende logo, non está a facer con este municipio ata o de agora.
Nunha reunión co Delegado Territorial celebrada na mañá de onte mércores, púxose enriba da mesa por parte do Concello a necesidade de levar a cabo a ampliación do centro dun xeito inmediato –hai que lembrar que o anterior Goberno bipartito deixou 100.000 euros para a redacción do proxecto, partida que non foi gastada polos actuais responsables da Xunta do PP-, coa construcción do Aulario de Infantil nos terreos que actualmente ocupa o aparcadoiro dos profesores. Como quedou de manifesto nas medicións levadas a cabo polo propio Concello, dita parcela, cualificada xa como solo urbano, dispón de 900 metros cadrados, o que serviría perfectamente para a execución do novo centro de Infantil. En canto aos 1.800 metros restantes, o Concello, a través da modificación puntual das normas subsidiarias que está a levar a cabo, comprométese a ceder as parcelas destinadas a zonas verdes e de lecer que pide a Consellería. Tal e como se acordou no encontro de onte, esta mesma mañá o Concello remitiu a documentación requerida polo Delegado Territorial a este respecto.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares