Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 17 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Beatriz Sestayo destaca que o Concello de Ares siga apostando pola igualdade nestes tempos de crise
20 Maio 2010 15:43
A deputada socialista Beatriz Sestayo foi a encargada de inaugurar as III Xornadas sobre a violencia de xénero “De vítima a supervivinte”, promovidas polo Concello de Ares e que se están a desenvolver ata mañá venres no mosteiro de Santa Catalina. Ante un auditorio integrado por 75 persoas –ás que se sumarán mañá 55 estudantes de Enfermaría de Ferrol-, a parlamentaria, que estivo acompañada pola concelleira de Muller de Ares, a tamén socialista Victoria Montenegro, cualificou esta iniciativa como “magnífica” e felicitou á Administración local pola súa organización. Sestayo destacou, a este respecto, que “o Concello de Ares neste tempo de crise, no que parece que os valores están en perigo, siga apostando pola igualdade”.
“Algúns, coa excusa da crise, están apostando por negocios privados e que políticas fundamentais para o desenvolvemento dunha sociedade xusta e na que prime a igualdade de oportunidades queden no esquecemento”, asegurou a deputada, que engadíu que esa “falsa austeridade” pode poñer seriamente en perigo o que moitas persoas, fundamentalmente mulleres, loitaron durante anos. Así, Sestayo pedíu aos asistentes, a maior parte técnicos vencellados á temática abordada nas xornadas, que “non permitades que se dea marcha atrás nos dereitos acadados en prol da igualdade”. “Que sería de nós se désemos un paso atrás?”, preguntouse a parlamentaria socialista, que apostou polo investimento de fondos públicos, ao marxe da crise económica, no desenvolvemento de leis como a Integral contra a Violencia de Xénero ou a de Igualdade, pilares básicos dunha sociedade xusta e igualitaria.
“Espero que estas magníficas xornadas sexan un éxito, que saiamos cos ánimos renovados e que loitemos día a día para que non se dean pasos atrás”, rematou a diputada, que foi ademais a encargada de moderar a primeira das mesas da xornada. “Asociacións na loita contra a violencia de xénero” foi o título deste debate, no que participaron Francisco Nebril, da Asociación Homes Galegos pola Igualdade; Esther Basanta, da Fundación Mujeres; Juana Tenreiro Blanco, do Padroado Concepción Arenal; e Rosa Fontaíña Pazos, da Rede Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos
Despois dunha breve pausa, correspondeulle o turno a Francisco Hurtado Durán, director de Ecos do Sur; María Iglesias Arias, coordinadora de Proxectos de integración de persoas inmigrantes e investigadora en inmigración e muller na UDV; e Ana Belén Puñal, xornalista e investigadora en comunicación e xénero, que falaron sobre “Sociedade, violencia e muller”.
Xa pola tarde, ás 16.30 comezará unha mesa sobre “Servizos xudiciais e corpos de seguridade ante a violencia de xénero”. Neste debate tomará parte Pilar González Díaz, Xefa do Servizo de Violencia de Xénero da Subdelegación do Goberno na Coruña, e Pablo García Suárez, xuíz do Xulgado número 4 de Ferrol.
A xornada rematará coa posta en escea da obra “Amatarte”, da compañía Espantaperros de Badajoz.
Mañá venres as conferencias iniciaranse ás 09.30 horas, coa ponencia da psiquiatra da USM de Ventorrillo e responsable do Programa de Trauma y disociación del CHUAC, Anabel González Vázquez.
“Violencia na familia” é o título da seguinte mesa, que será moderada por Gerardo Hernández, director do departamento de Socioloxía e profesor de Sociología da Familia da UDC. Carlos Álvarez, psicólogo clínico; e Margarita Herrero de la Vega, psicoterapeuta e profesora na Universidade Pontificia de Salamanca serán os relatores.
A xornada da mañá rematará coa conferencia “As vítimas esquecidas: os menores ante a violencia de xénero”, que impartirá Mónica Permuy, directora xeral da Fundación Meniños.
Pola tarde terá lugar unha ponencia de Manuel Lopo, terapeuta do Programa de atención a homes con problemas de control e violencia no ámbito familiar e coordinador do Programa de atención psicolóxica a mulleres vítimas de violencia doméstica, sobre “Os programas de atención ás vítimas de violencia de xénero. Abrámolo círculo”.
Antes da clausura das xornadas, prevista para as 20.15 horas e que correrá a cargo do alcalde, Julio Iglesias, terá lugar o obradoiro “O masculino e o feminino nos contos de fadas a través do psicodrama simbólico. A identidade de xénero”. A directora da Escuela del Psicodrama Simbólico de Madrid, Irene Silvia Henche Zabala, será a encargada de impartir este obradoiro.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares