Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 17 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello reedita o "Alfolí", unha revista na que se recolle o traballo destes últimos tres anos
14 Maio 2010 15:20
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, acompañado pola concelleira de Servizos Sociais, Victoria Montenegro, presentaron esta mañá o número 3 da revista “Alfolí”, unha publicación que recupera o actual grupo de goberno. Esta iniciativa, que nace dentro da política de transparencia e comunicación coa cidadanía destes responsables locais, recolle o traballo desenvolvido ao longo destes tres anos de mandato e inclúe un DVD coas principais obras executadas no municipio neste mesmo período de tempo.
Como destacou Iglesias, e así tamén se inclúe no Saúda que abre a revista, “un dos meus obxectivos, dende que cheguei á Alcaldía, foi o de achegar a Administración aos veciños, unha das premisas fundamentais para que un Concello funcione”. “E para iso, os cidadáns deben coñecer o que acontece no municipio, as xestións que o goberno local leva a cabo e o traballo que realizan outras administracións para mellorar este Concello”, afirmou o alcalde, que citou como exemplos destas políticas a posta en marcha dunha nova web con espazos adicados á actualidade e a trasladarlle as súas inquedanzas, queixas e suxestións, ou, agora, a reedición do “Alfolí”.
Deste xeito, a información que se pode consultar na páxina institucional sae agora ás rúas para que todos os veciños e veciñas poidan acceder á mesma, completada con fotografías en cor e datos de interese do municipio, como o listado de entidades ou os teléfonos de interese.
A través de 54 páxinas, máis dúas de axenda, o Concello dá a coñecer as principais actuacións desenvolvidas polo grupo de goberno nas diferentes áreas, que conforman as diferentes partes da revista. Cultura e Deportes; Servizos Sociais e Emprego; Equipamento; Infraestructuras; e Urbanismo son os capítulos nos que se divide a publicación, que xa está sendo repartida entre os veciños do municipio.
Para o alcalde, ademais, o período de crise económica na que actualmente nos atopamos fai aínda máis importante a transparencia cos veciños e veciñas, “que deben saber en qué gastamos os seus cartos”.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares