Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 17 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
As xornadas sobre a violencia de xénero superan as expectativas con 75 inscritos, aos que o día 21 se sumarán 55 alumnos de Enfermaría
14 Maio 2010 12:07
A varios días do remate do prazo de inscripcións para participar nas Xornadas sobre a violencia de xénero –estaba aberto ata o martes 18-, as previsións da área de Servizos Sociais do Concello de Ares están xa máis que superadas, con 75 persoas apuntadas para asistir a esta iniciativa que se desenvolverá os días 20 e 21 deste mes. Pero é que, ademais, un total de 55 estudantes de Enfermaría de Ferrol sumaranse a estas 75 persoas na xornada do 21, o que eleva a 130 os participantes en ditas xornadas.
O completo e destacado programa elaborado polo CIM do Concello –a Universidade da Coruña incluso outorgará un crédito aos seus alumnos que asistan ás conferencias- semella que foi definitivo á hora de acadar esta cifra histórica nunhas xornadas organizadas no municipio e que levou aos responsables municipais a mudar o lugar das conferencias, pasando da Alianza, na que non ten cabida tanta xente, ao mosteiro de Santa Catalina. Os inscritos, moitos deles técnicos chegados de toda Galicia, recibirán cumprida información para chegar ao cenobio.
Precisamente o programa pechado foi presentado esta mañá na Comisión de Muller, Infancia, Xuventude, Sanidade e Servizos Sociais –nunha reunión anterior entregárase o calendario inicial de conferencias e actos-. “III Xornadas sobre a violencia de xénero: de vítima a supervivinte” é o nome que leva esta iniciativa, que será inaugurada o día 20 ás 10.00 polo alcalde, Julio Iglesias, e a deputada Beatriz Sestayo.
Na comisión temén deuse conta da sinatura do convenio anual de colaboración entre o Concello de Ares e a Asociación Solidaridade Galega co Pobo Saharaui polo que a administración local financia os billetes de avión de tres menores saharauis para a súa acollida por parte doutras tantas familias deste municipio.
Ademais, informouse sobre a tramitación, por parte do Concello, para a solicitude das axudas por fillos menores de tres anos que concede a Xunta.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares