Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 17 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello organiza un obradoiro e unha xincana para conmemorar o Día das Letras Galegas
14 Maio 2010 12:03
O Concello de Ares, a través da área de Cultura, organiza dúas actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas, adicadas este ano a Uxío Novoneyra. Os rapaces do municipio serán os principais destinatarios das iniciativas, que contan coa colaboración da biblioteca municipal.
“Letras para pequen@s” é o título da primeira das actividades que esta mañá se deron a coñecer á oposición en Comisión extraordinaria de Cultura e que se desenvolverá o vindeiro martes, día 18. Este obradoiro, dirixido a nenos e nenas de catro a sete anos, xirará en torno ao libro en galego e consistirá no traballo con varios títulos en galego para, despois, facerlles unha serie de xogos relacionados con ditas obras. A biblioteca municipal será o escenario no que se realice a iniciativa, que terá lugar entre as 18.00 e as 19.30 horas.
Un día máis tarde, o 19, levarase a cabo a “Xincana das Letras Galegas”, cuxo obxectivo non é outro que o de traballar sobre o escritor homenaxeado e, ademais, tratar temas da cultura galega e as súas tradicións dun xeito divertido e dinámico. Para esta proba, que tamén se desenvolverá na biblioteca, os nenos e nenas participantes –de sete a doce anos- contarán con diversas fontes de información, como Internet, enciclopedias e manuais, ás que poderán recurrir para respostar as preguntas e superar a proba. Todos os rapaces que tomen parte na xincana, que se realizará entre as 17.00 e as 18.30 horas, recibirán unha biografía de Uxío Novoneyra.

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA
Outro dos asuntos que foi abordado esta mañá na comisión informativa extraordinaria foi o da apertura da convocatoria do premio de fotografía “Concello de Ares”, unha iniciativa que chega á súa quinta edición e que ten a finalidade de contribuir á creación artística e o fomento da divulgación da fotografía deste municipio.
O prazo de presentación de imaxes estará aberto ata o vindeiro 15 de setembro e a convocatoria, tal e como consta nas bases, é aberta a fotógrafos afeccionados e profesionais. Para formalizar a inscripción é imprescindible cubrir e enviar o formulario xa dispoñible na páxina web do Concello, establecéndose dúas categorías: “Ares, o seu entorno, as súas festas, as súas xentes” e “Lembranzas de Ares, fotos antigas”.
No que se refire á primeira, cada concursante poderá presentar ata un máximo de tres fotografías, en branco e negro ou cor, mentres que a de fotos antigas, coa que se pretende afondar na historia deste municipio a través da difusión destas imaxes, amplíase a cinco e vai dirixida ás persoas que teñan no seu poder fotos captadas antes de 1975.
A este respecto, o xurado valorará as imaxes que reflexen formas de vida xa pasadas de Ares, lugares do municipio que teñan unha compoñente de interese social ou que foran alterados co paso do tempo e acontecementos históricos, sociais, lúdicos ou deportivos que recuperen a memoria colectiva do concello.
O xurado, composto por tres persoas (profesionais e representantes do Concello), fallará os premios, consistentes en 600 euros máis diploma por categoría, para o primeiro clasificado, e de 300 euros e un diploma, para o segundo. Na categoría de “Ares, o seu entorno, as súas festas, as súas xentes” haberá ademais un accésit de cen euros máis diploma para a mellor fotografía feita por un aresán. A entrega de premios terá lugar o día 29 de outubro.
As bases poden consultarse na web do Concello, así como na área de Cultura do Consistorio e na Alianza Aresana.

CONCURSO DE PINTURA “MANUEL REBÓN”
Finalmente, o grupo de goberno deu conta da próxima celebración do “4º Concurso de Pintura Manuel Rebón”, que organiza cada verán o Concello de Ares. Esta iniciativa, na que poderán participar todas aquelas persoas nacidas ou residentes en Galicia que sexan maiores de idade, contará cun premio de 1.000 euros para a mellor obra e outro de 350 para o mellor pintor local.
O prazo de presentación dos cadros –un por concursante- establécese entre o 26 de xullo e o 7 de agosto. O CIRS de Cervás é o lugar elixido de novo para a entrega das obras, que abrirá de 19.00 a 21.00 de luns a venres e de 12.00 a 14.00, e de 19.00 a 21.00 os sábados e domingos.
Os premios fallaranse o día 9 de agosto por parte dun xurado composto por persoas vencelladas ao mundo da cultura. Como en anos anteriores, coas obras presentadas –se foran moitas faríase unha selección- levarase a cabo unha exposición no CIRS de Cervás, que poderá visitarse entre o 12 e o 26 de agosto. A clausura da mostra e a entrega de premios terá lugar na Alianza o día 28 de agosto ás 20.00 horas.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares