Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 22 de Octubre de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesOctubre
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Os Concellos de Ares e Mugardos poñen en marcha un ano máis o programa "Por terra, mar e aire"
10 Maio 2010 15:17
Un ano máis, os Concellos de Ares e Mugardos organizan “Por terra, mar e aire”, un programa de actividades na natureza que comezará o día 15 deste mes con iniciación ao kaiak na ría de Ares. Esta actividade, que se desenvolverá entre as 10.30 e as 13.30 horas, vai dirixida a persoas de doce anos en adiante e é necesario saber nadar. En total, hai vinte prazas, que deberán confirmarse a través do ingreso de sete euros na conta do Firrete –0182-5260-91-0000038309-, indicando o nome do participante e “Aventuramugares”.
O sábado 22 levarase a cabo paintball en santa Catalina de Montefaro, un xogo táctico de eliminación por equipos. No caso desta actividade, para persoas de 16 anos en adiante, haberá dúas quendas, con 30 prazas en total; a primeira, entre as 11.00 e as 13.00 e a segunda entre as 17.30 e as 19.30. Os interesados deberán inscribirse facendo previamente o ingreso de dez euros na conta do Banco de Galicia 0075-8557-42-0700033240, facendo constar o nome e apelidos do participante, a actividade que se fará, o día e a quenda.
A iniciación ao kaiak, neste caso na ría de Mugardos, será de novo a protagonista do día 29, sendo os requisitos e características as mesmas da actividade do día 15. E o mesmo ocorre co paintball en Santa Catalina, previsto neste caso outra vez para o día 5 de xuño.
As persoas que queiran recibir máis información desta ou doutra actividade do programa poderán dirixirse ás OMIX de Ares, de luns a venres de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 –teléfono 981 448 057-, e de Mugardos, de luns a venres de 09.00 a 14.00 –teléfono 981 470 338, extensión 3-. Nestas oficinas municipais de información á xuventude tamén se tramitarán as inscripcións, que poderán formalizarse ata tres días antes de cada actividade.
“Baixamos Montefaro” é o nome da iniciativa que se desenvolverá o 12 de xuño e que consiste na baixada en bicicleta de montaña por un circuito marcado no monte de Montefaro. O punto de encontro desta actividade, para a que hai 200 prazas, será o mosteiro de Santa Catalina, á que os participantes deberán acudir ás 09.00 horas.
Esta ruta vai dirixida a persoas de 15 anos en adiante, que deberán aboar 10 euros, máis outros 8 para o seguro no caso de que non estean federados. Ademais, hai que destacar que esta actividade, que ofrecerá servizo de duchas, mecánico e asistencia médica, contempla unha pinchada final, así como agasallos e trofeos para os participantes. Os acompañantes que o desexen poderán disfrutar, mentres se desenvolve a baixada ciclista, dunha ruta de sendeirismo guiada e, no caso de que queiran participar no ágape, debebarán pagar oito euros.
Os ingresos terán que efectuarse na conta de Caixa Galicia 2091-0211-27-3000065434, indicando o nome do participante e o nome da actividade.
O programa rematará con “Entre dúas rías”, que esta edición incorpora unha modalidade especialmente destinada para mulleres. Esta última ruta de dificultade moderada, que non exclúe a participación masculina, terá lugar o 12 de xuño ás 16.00 horas dende o pavillón polideportivo de Mugardos. Os participantes, de 15 anos en adiante, terán que pagar 10 euros –oito máis se non son federados para o seguro- na conta de Caixa Galicia anteriormente citada e, como a baixada a Montefaro, haberá agasallos, trofeos e pinchada final, así como avituallamento en ruta, duchas, mecánico e asistencia médica.
“Entre dúas rías”, neste caso a carreira de BTT de dificultade media-alta con 51 kilómetros de percorrido e tramo libre, será o día 13 de xuño ás 09.00 horas dende o pavillón de Ares. O prezo da actividade é de 12 euros –oito máis para non federados-. O resto de condicións é similar á ruta anterior.
Para recibir información ou formalizar inscripcións no programa de BTT haberá que dirixirse ás web de Bimares ou do Club Ciclista Ferrol (www.bimares.net e www.clubciclistaferrol.es- ou ben mandando un correo electrónico a correo@bimares.net ou bimares@bimares.net. No número 646 413 548 resolverán calquera dúbida e/ou aclaración. No caso das actividades de bicicleta de montaña, admitiranse inscripcións o mesmo día das probas sempre e cando haxa prazas libres.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares