Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Miercoles 11 de Decembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesDecembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
NADAL EN ARES 2019/2020

XORNADAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O alcalde afirma que "o remo é un deporte moi noble, que dignifica ás vilas mariñeiras, como Ares"
08 Maio 2010 15:33
O salón de plenos do Consistorio quedou pequeno para acoller ás ducias de persoas, entre remeiros e remeiras e as súas familias, adestradores, directivos do Club de Remo, membros da corporación e veciños e veciñas de Ares, que participaron no acto institucional de homenaxe ás rapazas e ao timonel que resultaron vencedores no Torneo Estatal de Bateis da categoría Promesa, celebrado o pasado 25 de abril no porto de Ferrol. Pero esta homenaxe, como destacou o alcalde, Julio Iglesias, que presidíu o acto, non só foi para estas campionas, que sen dúbida, dixo, fixeron historia o día 25, senón tamén para un clube que ten 52 anos de vida e que se ten convertido nun dos máximos referentes do deporte, e fundamentalmente da categorías de base, a nivel galego e incluso estatal.
Iglesias, que foi testigo de excepción desta victoria, a primeira destas características acadada pola entidade na categoría feminina, manifestou que “o Club de Remo leva 52 anos levando o nome de Ares por toda Galicia e por España”, ao tempo que asegurou que o remo “é un deporte moi noble que dignifica ás vilas mariñeiras, como é o caso de Ares, que non quere perder as súas orixes”. “Ese é o noso pasado, que queremos telo presente no futuro, e grazas ao Club de Remo poderemos continualo”, dixo.
A este respecto, o rexedor destacou o grande esforzo que require a práctica desta modalidade deportiva, sobre todo en banco fixo, que engade, indicou, un “plus de sufrimento”. Por todo iso, a victoria do pasado día 25 é máis que merecedora dun acto institucional como o de hoxe, no que todos os membros da corporación, representantes de todo o municipio, quixeron dar os seus parabén ao equipo feminino Promesa de bateis.
Ademais, o alcalde lembrou no seu discurso a orixe do clube, que “xurdiu dos aresáns”, facendo unha mención especial ás persoas maiores sen as que a súa axuda e traballo voluntario non sería posible chegar ata o día de hoxe con este palmarés. “Hoxe tamén queremos rendir homenaxe a todas esas persoas que significan moito para este clube e que hoxe representan a directiva e os adestradores”.
Pola súa banda, o presidente do Club de Remo destacou o traballo realizado polos rapaces e rapazas e agradeceu ao Concello o traballo desenvolvido coa entidade nestes últimos anos.
Antes de rematar o acto, as rapazas, tanto as que remaron na regata de Ferrol como as suplentes, así como os adestradores, recibiron de mans do rexedor un agasallo, lembranza do Concello por esta importante victoria.
A Banda de Gaitas de Ares foi a encargada de amenizar tanto a chegada das homenaxeadas ao Consistorio como o remate do acto.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares