Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 24 de Octubre de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesOctubre
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
A Asociación de Empresarios de Ares, Asemares, organiza a "1ª Ruta e Concurso de Pinchos", que comeza este sábado
06 Maio 2010 16:34
Cos obxectivos de que os veciños de Ares e do conxunto da comarca acudan aos locais de hostalería do municipio, que non se queden nos dous ou tres establecementos que visitan normalmente e que, ademais, se recupere a tradición xa case perdida de quedar en grupo as fins de semana para tomar os viños (ou claquera outro tipo de consumición), a Asociación de Empresarios de Ares, Asemares, coa colaboración do Concello, pon en marcha a “1ª Ruta e Concurso de Pinchos”, que se desenvolverá ao longo dos días 8, 9, 15, 16, 22, 23, 29 e 30 de maio.
En total, como explicou o presidente da entidade, Leonardo Fernández Paz, no marco dunha rolda de prensa de presentación desta iniciativa na que compareceu xunto co alcalde de Ares, Julio Iglesias, son 17 os locais que se sumaron á ruta e que ofrecerán durante estas catro fins de semana un pincho diferente en cada establecemento con consumición a prezos populares. A este respecto, Fernández Paz subliñou que os participantes na iniciativa decidiron poñer prezos moi asequibles para facer atractiva unha iniciativa que se desenvolve, ademais, nuns momentos de crise económica. Así as cousas, a auga con pincho terá un custe de 1,50 euros, mentres que a caña, a copa de viño ou o refresco con pincho custará dous euros.
As persoas que queiran tomar parte na ruta poderán solicitar en calquera dos locais participantes un díptico, no que figura o nome dos establecementos cun espazo en branco a sellar por cada local. Unha vez que a folla estea cuberta polos 17 establecementos -13 teñen horario de mediodía, de 12.00 a 14.30, e os catro restantes de tarde, de 19.00 a 21.30 horas-, o ruteiro deberá entregalo nalgunha das urnas que estarán repartidas por todos os locais, rematando o prazo o 30 de maio ás 21.30 horas. Entre todos os participantes, levarase a cabo un sorteo, que se desenvolverá o día 4 de xuño ás 22.30 horas na Alianza Aresana. Un televisor de plasma de 42’’, un portátil, unha cámara de fotos, un DVD ou un MP3 son algúns dos agasallos que se sortearán nesa xornada, na que tamén procederase á entrega de premios aos establecementos participantes.
A este respecto, o presidente de Asemares explicou que se estableceron cinco premios, ao mellor pincho (calidade e sabor), ao máis elaborado, ao de mellor presentación, ao máis innovador e ao máis tradicional, que serán valorados por un xurado composto por persoas expertas en gastronomía e hostalería así como polo alcalde de Ares, entre outros, ao longo da xornada do día 4 –nese día unicamente cociñaranse pinchos para o xurado-.
O rexedor socialista, pola súa banda, destacou a iniciativa da Asociación de Empresarios, manifestando o seu apoio e o do seu equipo de goberno a todas aquelas iniciativas que vaian na liña de incentivar a hostalería do municipio. A festa da xiba, a do percebe ou a do ourizo son outras das citas gastronómicas nas que o Concello xoga un papel fundamental.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares