Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 24 de Octubre de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesOctubre
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Servizos Sociais abre ata o día 18 o prazo de inscripción para as III Xornadas sobre a violencia de xénero
04 Maio 2010 13:07
O Concello de Ares, a través do Centro de Información á Muller (CIM) de Servizos Sociais e coa colaboración da Deputación Provincial, organiza por terceiro ano consecutivo as Xornadas sobre a Violencia de Xénero, que se desenvolverán os días 20 e 21 de maio na Alianza Aresana. Dende onte, está aberto o prazo de inscripción, que é de balde, polo que as persoas que desexen participar deberán chamar ao teléfono 981 468 102 ou acudir ao Consistorio, donde se lles facilitará a ficha que haberá que cubrir. Os alumnos que asistan recibirán un crédito de libre elección da Universidade da Coruña. O período de inscripción estará aberto ata o día 18 deste mes.
Estas xornadas, que serán inauguradas o 20 ás 10.00 horas polo alcalde, Julio Iglesias, e a deputada socialista Beatriz Sestayo, inclúe conferencias de profesionais do eido da psicoloxía, psiquiatría ou xustiza, así como de entidades vencelladas a esta temática –Asociación Homes Galegos pola Igualdade, O Mencer, Padroado Concepción Arenal ou Asociación Enriqueta Otero, entre outras- e o desenvolvemento doutro tipo de actividades, como a representación da obra “Amatarte”, posta en escea pola compañía Espantaperros Teatro de Badajoz.
Pablo García Suárez, xuíz do Xulgado nº 4 de Ferrol; Anabel González Vázquez, psiquiatra da USM de Ventorrillo; Pilar González, xefa de servizo de Violencia de Xénero da Subdelagación do Goberno; Irene Silvia Henche Zabala, directora da Esvuela del psicodrama Simbólico de Madrid; Mónica Permuy, directora técnica da Fundación Meniños; e Manuel Lopo, psicólogo clínico e director do Programa de Atención a homes con problemas de control e violencia no ámbito familiar e coordinador do Programa de atención psicolóxica a mulleres vítimas de violencia doméstica da Comunidade Autónoma, son algúns dos ponentes destas xornadas.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares