Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 15 de Octubre de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesOctubre
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Concello e Consorcio fixan o plan de traballo para rematar o centro de día de Mariña do Pombal
30 Abril 2010 13:36
O alcalde, Julio Iglesias, acompañado polos concelleiros de Obras e Servizos, José Ferreiro, Servizos Sociais, Victoria Montenegro, e a deputada socialista Beatriz Sestayo, e o director da área de Benestar do Consorcio Galego, Andrés Vázquez, realizaron na tarde de onte unha visita ao centro de día de Mariña do Pombal. O obxectivo non era outro que o de fixar in situ o plan de traballo para os próximos meses, unha vez que as obras de construcción do inmoble xa foron recepcionadas.
Agora, o Consorcio encargarase da adquisición do equipamento necesario para o edificio, mentres que o Concello, como fixera coa escola infantil, porá en marcha os servizos pertinentes (auga, electricidade, teléfono, etc.) e levará a cabo o mantemento de toda a parcela. Deste xeito, calcúlase que en agosto todas estas actuacións que restan estarán rematadas, quedando a apertura do centro de día a expensas do que decida o Consorcio con respecto á súa xestión, xa que se finalmente é indirecta terán que sacar a concurso a concesión das instalacións.
O centro de día dispón, como destacou o alcalde, dunhas “magníficas instalacións” para uso e disfrute das persoas que teñan praza –nun principio, os centros de día rurais son para 40 prazas, se ben, como indicou Andrés Vázquez, a capacidade real do inmoble de Mariña do Pombal, e que poderá ofertarse nun futuro, é de 60 usuarios-. A elevada superficie da parcela cedida polo Concello ao Consorcio, de algo máis de 5.000 metros cadrados, permite contar cunha ampla área exterior, na que, entre outros espazos e zonas de lecer, seguirase o modelo danés, é dicir, o de xardinería terapéutica para os usuarios –o que sería o urbanismo ecolóxico, pero con fins terapéuticos-.
En canto ao inmoble, trátase dunha edificación aillada dunha pranta, formada por unha peza rectangular situada en forma paralela á rúa e tres bloques construidos dunha forma perpendicular á primeira. En total, habilitáronse catro áreas diferenciadas: Acceso e recepción; actividade (cunha sala polivalente, taquillas, sala de rehabilitación, sala de curas/consultas médicas, comedor, habitación de lecer, tres baños asistidos e 2 aseos asistidos); administrativa e de atención do persoal (despachos, sala de xuntas, etc.); e auxiliar e de servizo (cociña, despensas, almacéns, lavandeiría, etc.). A superficie útil construida é de 749,80 metros cadrados.
O orzamento foi de 778.878,50 euros, divididos en dúas anualidades, a de 2008 e 2009.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares