Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 15 de Octubre de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesOctubre
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello cede os terreos do centro de saúde a Sanidade e esixe que se proceda á licitación das obras este ano
29 Abril 2010 20:33
O pleno da corporación aprobou esta mañá a cesión dos terreos do centro de saúde á Consellería de Sanidade, acatando a reclamación do novo Goberno da Xunta como condición imprescindible para a licitación dos traballos de construcción deste inmoble, co engadido dunha moción “in voce” reclamando ao Executivo popular, tal e como fixera hai unhas semanas a deputada socialista Beatriz Sestayo, que dita licitación se leve a cabo neste exercicio. Seguindo a liña emprendida polo grupo parlamentario do PP, que votara en contra da iniciativa parlamentaria, os conservadores de Ares abstivéronse á hora de esixir á Xunta que o centro de saúde deste municipio se execute á maior brevidade posible e se licite este ano, extremo reivindicado polo conxunto da cidadanía.
A este respecto, o alcalde, Julio Iglesias, lembrou que o novo Goberno da Xunta rescindiu o protocolo asinado o 16 de novembro de 2008 por el mesmo, en calidade de máximo responsable da Administración local, e a entón conselleira de Sanidade, María José Rubio, xa que, como constaba na súa cláusula 9, se unha das partes incumplía algún dos acordos, como o da posta a disposición dos terreos –acordo plenario do 13 de setembro de 2007- para a ampliación do centro con financiamento público, dito protocolo quedaba anulado. Polo tanto, dixo, ante o escrito remitido hai pouco pola Consellería reclamando a cesión dos terreos para poder licitar os traballos, xa que, de non ser así, a Xunta resérvase a posibilidade de adicar os fondos a outra instalación sanitaria de Galicia, ao Concello non lle queda outra opción que a de acatar o requerimento, ao marxe doutras consideracións.
A este respecto, Iglesias subliñou o rexeitamento total do seu grupo político –PSOE- ás políticas privatizadoras do PP, que rachan cun acordo do anterior Goberno bipartito no que se comprometía o financiamento público para o centro de saúde de Ares, se ben matizou que “Ares necesita un centro de saúde urgentemente e se precisa este ano”. Deste xeito, engadíu, “é o Goberno do Partido Popular o que se ten que responsabilizar dos seus escritos e das súas políticas”. “A través dos nosos parlamentarios teremos que loitar para que o centro de saúde sexa público, pero aquí, no Concello, temos un escrito que está claro, por desgracia, e o que nos queda é facer os deberes para que despois non aleguen que non realizamos os trámites solicitados e, en consecuencia, non leven a cabo o retrasen máis estas importantes obras”, manifestou o alcalde socialista.
E, precisamente para que quede claro o posicionamento do Concello de Ares con respecto á urxencia desta actuación, o escrito irá acompañado dunha moción “in voce” promovida polo rexedor na que se reclama a licitación das obras neste exercicio de 2010. Dita moción obtivo el apoio de todos os grupos da corporación, agás do partido Popular. “O PP, que xa votou en Santiago en contra dunha moción do grupo socialista esixindo a urxencia desta obra, terá que explicar aos veciños e veciñas de Ares por qué lles da a espalda e antepón os intereses do seu partido a nivel autonómico aos dos aresáns”.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares