Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 15 de Setembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O alcalde inaugurou esta mañá a ampliación do parque infantil do Rosalía de Castro
28 Abril 2010 16:10
En menos dun mes –plazo establecido para a execución dos traballos- a empresa Moncina levou a cabo a mellora do parque infantil do Rosalía de Castro, outra actuación impulsada polo goberno local de Ares que se enmarca no programa de ampliación e potenciación destas instalacións para os pequenos do municipio. Neste caso, as obras contaron cunha subvención da Deputación Provincial, que achegou 44.619,90 euros, mentres que ao Concello correspondeulle investir 7.874,10 euros. En total, a intervención supuxo un desembolso de 54.494 euros.
Esta mesma mañá, o alcalde de Ares, Julio Iglesias, acompañado pola totalidade dos membros do grupo de goberno, inaugurou o novo e ampliado parque infantil, unha das mellores instalacións para os pequenos ao aire libre da comarca.
No acto, o rexedor socialista destacou o traballo desenvolvido nestes case tres anos de goberno socialista en Ares, coa mellora e ampliación dos espazos infantís de xogo para os máis pequenos. Para o rexedor, o incremento poboacional deste municipio rexistrado nos últimos anos, acompañado polo aumento de familias con nenos pequenos, fan necesarias estas actuacións, que seguirán sendo un dos obxectivos dos actuais responsables municipais no que resta de mandato.
A actuación consitíu na retirada da estrutura de madeira existente e do xogo composto por unha caseta de madeira e a loseta de caucho, que se atopaba en malas condicións. Ademais de instalar o chan de caucho, na intervención levouse a cabo a colocación dunha fonte de ferro fundido, a reposición de zonas axardinadas deterioradas durante a execución dos traballos e a instalación de novos xogos, como un bambán, un carrusel xiratorio e un panel de xogos con brúxula, laberinto, tres en raia, cactus, reloxo, números, paneis de pizarra e escritura en linguaxe de signos, entre outros elementos.
Con esta obra, son xa cinco os parques infantís nos que actuaron os actuais responsables municipais, tres deles –Cervás, Chanteiro, campo de fútbol de Prados Vellos e As Mirandas, este último construido sobre un espazo no que no seu día houbo xogos para nenos- de nova creación. Deste xeito, amplíase notablemente a oferta infantil nun municipio que conta cun importante número de nenos, cumpríndose outro dos puntos incluidos no programa electoral dos socialistas.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares