Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 27 de Octubre de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesOctubre
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
SENDARES 2020

IV CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL

Os Bolechas - O Ares indiano

Aparcares.com

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O prazo para inscribirse no obradoiro de autoestima que organiza o Concello remata o día 23 deste mes
10 Novembro 2007 12:54
A Concellaría de Servizos Sociais, que dirixe a socialista Victoria Montenegro, informa de que está aberto o prazo de incripción para participar no obradoiro de autoestima que se desenvolverá o vindeiro día 27 de novembro. Esta actividade, que se enmarca dentro do programa de actos promovidos polo Concello de Ares para conmemorar o Día contra a violencia de xénero, está dirixida a mulleres, que deberán apuntarse ata o día 23 –incluido-, en horario de oficina, no despacho do psicólogo –pranta baixa da Casa Consitorial, no número 12 da avenida Saavedra Meneses-.
O obradoiro de autoestima celebrarase nas Escolas do Porto entre as 17.00 e as 20.00 horas, e conta coa subvención do Servizo Galego de Igualdade da Xunta. O curso será impartido pola Asociación Lilith e no mesmo abordaranse diferentes temáticas dende unha perspectiva de xénero, enfocadas cara unha autoafirmación das participantes nos diversos eidos traballados. Neste caso concreto, o tema central é o autocoñecemento a través dos seguintes eixos: coidado propio e alleo, autoimaxe e afirmación.
O número mínimo de asistentes ao obradoiro é de 8/10 persoas, mentres que o máximo de participantes está fixado en 15. Para facilitar a asistencia ao taller das mulleres que teñen nenos ao seu cargo, a Concellaría de Servizos Sociais, en colaboración coa área de Educación, porá a disposición das asistentes, con carácter excepcional, un servizo de gardaría, que prestará a ludoteca municipal. Deste xeito, haberá unha coidadora que se encargará dos pequenos mentres as súas nais participan neste obradoiro.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares