Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 14 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello de Ares promove unha campaña de reciclaxe de móbiles
27 Abril 2010 15:44
O Concello de Ares sumouse á campaña Mobilízate pola selva, do Instituto Jane Goodall (IJG), que conta en Galicia coa colaboración do CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) e a Obra Social de Caixa Galicia, e que consiste na recompilación de móbiles para a súa reciclaxe co fin de protexer os ecosistemas africanos.

Os veciños que queiran participar nesta iniciativa poden depositar o seu móbil en desuso (en funcionamento ou non) nos puntos de recollida habilitados polo concello, situados en:

-Casa do Concello. Avenida Saavedra Meneses, nº12. 15624. Ares.

- CPI Conde de Fenosa. Avenida Celso Emilio Ferreiro, s/n. 15624. Ares.

- Edificio de las Alianzas Aresanas. C/ María, nº11. 15624. Ares.

O teléfono deberase entregar coa batería pero sen o cargador, sen a tarxeta SIM e ningún outro elemento, entre os días 30 de abril e 30 de agosto, durante os que se desenvolve a campaña neste concello.

Na actualidade, a taxa de reciclaxe de móbiles é inferior ao 5% e, por outra banda, tan só en España existen máis de 52 millóns de liñas telefónicas. A este número hai que engadir todos aqueles aparatos que se cambian e que os cidadáns gardan ou tiran ao lixo. Toda esta cantidade de teléfonos, xunto con outras tecnoloxías como os ordenadores ou as consolas, fabrícanse con coltán. Este é un mineral que se extrae na República Democrática do Congo con man de obra semiescravizada onde, ademais, se destrúen os hábitats de moitas especies africanas tales como os chimpancés e os gorilas.

A reciclaxe de móbiles axuda a reducir a demanda dos seus compoñentes, entre eles o coltán, e a tratar adecuadamente os materiais tóxicos evitando así a degradación do medio ambiente. Móvilbank, a entidade que trata a reciclaxe dos móbiles, aportara unha parte do valor dos terminais ao Instituto Jane Goodall; polo que esta iniciativa axuda a recadar fondos para os programas de educación e de conservación no Congo.

Mobilízate pola selva é unha campaña que se está a desenvolver por distintos puntos de toda Galicia (concellos, centros educativos, entidades bancarias,...) e que se puxo en marcha no pasado mes de setembro tras a sinatura dun convenio de colaboración entre CEIDA e o Instituto Jane Goodall. O IJG fundouse en 1977 pola afamada primatóloga e naturista inglesa Jane Goodall, que visitou Galicia o pasado mes de maio. O IJG, implantado en trinta países do mundo, leva a cabo diferentes programas de investigación e conservación en África, destacando o Parque Nacional de Gombe en Tanzania, o Centro de Recuperación e Reserva de Tchimpounga (República do Congo), o santuario de Ngamba Island (Uganda) e outros en Guinea, Senegal, Gabón e Sudáfrica. O IJG implica á poboación local para desenvolver os seus proxectos.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares