Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 15 de Setembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O alcalde de Ares esixe ao PP a urxente ampliación do CPI Conde de Fenosa nos terreos do actual aparcadoiro
26 Abril 2010 14:36
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, esixe á Xunta do PP unha urxente solución aos grandes problemas de espazo e incluso de habitabilidade que está a sufrir o CPI Conde de Fenosa, concretamente os nenos e nenas de Infantil, que ocupan aulas colapsadas e nos sotos do inmoble. Neste sentido, o rexedor socialista reclama a ampliación do colexio nunha parcela situada no recinto escolar que na actualidade están sendo empregada como aparcadoiro para os profesores.
Pero, para o alcalde de Ares, a actitude de desprecio total polos problemas do municipio non se queda unicamente no Goberno galego, senón que tamén está sendo a adoptada polo PP local, cómplice desta falta de interese e inoperancia da Xunta. É máis, para Iglesias, foi o actual portavoz do PP local, Manuel Cendán, o que durante os seus mandatos, xenerou a actual problemática. “Manuel Cendán non pensou no incremento de alumnos que se estaba a producir e, de feito, unha das súa últimas decisións políticas foi a de conceder licenzas de obras para construir edificios na zona da avenida de Mugardos para abaixo, a da expansión natural e lóxica do colexio”.
“Non hai máis que tirar da hemeroteca para comprobar cómo trataba os problemas escolares e as numerosas cuestións que houbo que resolver co equipo directivo, incluso relativos á limpeza do colexio”, afirmou Julio Iglesias, que lembrou as numerosas xestións que este grupo de goberno tivo que resolver cando accedeu á Alcaldía.
Para o actual alcalde, non deixa de ser cando menos paradóxica a actual actitude de Cendán. “Queda moi ben sobre o papel pedir a ampliación do colexio e logo votar en contra dos orzamentos”, en relación aos documentos económicos de 2009 e 2010, que recollían partidas específicas para a ampliación do centro escolar.
“Cendán está a amparar a inoperancia e a falta de compromiso da actual Xunta do PP con Ares e os seus problemas. “O portavoz do Partido Popular debe saber que Educación non ten ningún interese en resolver a ampliación do colexio e, en vez de defender aos veciños e veciñas de Ares e reclamar ao seu partido unha solución rápida e contundente, o que fai é bailarlle as augas e facerlle á pelota ao seu partido porque a súa candidatura está en xogo”, dixo.

“HAI QUE QUITAR AOS NENOS DOS ZULOS NOS QUE ESTÁN”

Para Iglesias, “xa se ve o interese do PP cos nenos e nenos de Ares, consentindo que os nenos e nenas estean en zulos durante varios anos máis”, en relación coas aulas que ocupan en sotos e nunhas condicións lamentables, incluso de ventilación. “Un exemplo do que ao PP lle importan os nenos deste municipio foi o que fixeron cos alumnos e alumnas de Chanteiro, aos que deixaron sen transporte escolar cando se iniciaron as obras de saneamento e abastecemento e tivo que ser o Concello o que puxera taxis para levalos ao colexio e recollelos”, asegurou Iglesias, que anunciou que “o Concello empregará todos os mecanismos que están á súa man para acabar con esta situación e para impedir que os pequenos estean máis tempo en aulas ilegais”.
De feito, Iglesias explicou que a ampliación nestes momentos, nos que se está a redactar un novo Plan Xeral de Ordenación Municipal, a única solución posible pasa por actuar nos terreos que actualmente sirven de aparcadoiro dos profesores, que xa ten a Consellería de Educación e que, ademais, contan coa cualificación de urbanos e teñen unha edificabilidade do 100%. “Non podemos agardar máis tempo”, asegurou Iglesias.
O alcalde, que lembrou que hai uns días unha empresa independente contratada polo Concello realizou un levantamento topográfico para confirmar a superficie desta parcela, que será remitida á Xunta en canto se dispoñan dos pertinentes datos. A este respecto, o rexedor subliñou que o anterior Goberno bipartito consignara no 2009 unha partida de 100.000 euros para a redacción do proxecto, partida que o actual Executivo “popular” non só non empleou para este fin, senón que tampouco incorporou nos orzamentos de 2010. “Ese é o interese e o compromiso do PP con Ares”, aseverou Iglesias.
Así mesmo, hai que lembrar a recente visita da deputada socialista Beatriz Sestayo ao colexio, solicitada polo propio alcalde, para comprobar in situ esta situación e para recoller información que, tan só uns días máis tarde, foi rexistrada no Parlamento de Galicia en forma dunha iniciativa pedindo explicacións e esixindo a urxente construcción da ampliación do centro.
“As nosas xestións están aí e son perfectamente constatables”, concluíu o alcalde, que engadíu que “o pobo de Ares saiba que imos seguir loitando e non imos dar a batalla por perdida”.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares