Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 15 de Setembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O alcalde destaca o importante traballo de promoción de Ares que se está a facer coas diversas rodaxes no municipio
23 Abril 2010 17:43
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, acompañado pola concelleira de Cultura, Ana Fernández, desprazouse esta mañá ao mosteiro de Santa Catalina de Montefaro, un dos enclaves elixidos para a rodaxe da película “Doentes”, dirixida por Gustavo Balza e producida por Zircozine e Filmanova. Nunha xornada de rodaxe, a de mañá, aberta á presenza dos medios de comunicación, o rexedor socialista compartíu uns momentos con parte do equipo de rodaxe e algúns dos actores e actrices principais desta trama, como Xosé Manuel Oliveira “Pico”, María Vázquez, Rosa Álvarez e Morris, algúns deles xa moi coñecidos en Ares pola súa participación na exitosa serie emitida pola TVG “Padre Casares”.
Para Iglesias, as cada vez máis numerosas rodaxes que teñen neste municipio algúns dos seus escenarios axudan notablemente á promoción dun concello que ten no seu patrimonio arquitectónico e natural e, polo tanto, no turismo, un dos seus motores económicos fundamentais. Polo tanto, segundo dixo, o Concello colaborará sempre con este tipo de iniciativas, cedendo espazos públicos e dotando dos medios que estean á súa man para que todas as produccións audiovisuais poidan saír adiante.
No caso de “Doentes”, o lugar de rodaxe é o interior do mosteiro, concretamente o refectorio, que representa o interior da sala de enfermos do Hospital Real de Santiago de Compostela, hoxe Parador Nacional dos Reis Católicos. Ademais dos actores e actrices anteriormente citados, na rodaxe de hoxe, de doce horas de duración, participaron nove figurantes.
A rodaxe da película, que é unha adaptación da obra teatral homónima de Roberto Vidal Bolaño –Premio de teatro Rafael Dieste en 1997-, comezou o 9 de abril e a Ares chegaron o pasado mércores, estando previsto que rematen mañá sábado. A continuación, irán a Ferrol, co Jofre e o Casino como escenarios principais. A longametraxe estará rematada o 3 de maio.
A historia de “Doentes” ocorre nunha sola noite; unha noite trepidante e chea de sorpresas e verdades inconfesables. Santiago de Compostela é a localización do filme, que ficciona un caso real acontecido no entorno de 1950, cando Franco, por unha decisión arbitraria, obriga a convertir en Hostal o Hospital Real.
Esta película é a primeira que se fai en España cunha cámara fotográfica –Canon EOS 7D-, que conta con todas as ópticas de cine pertinentes. E é que, como explicaron dende o equipo técnico, as esceas de noite –a maior parte das desta película- son mellor captadas por unha cámara fotográfica.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares