Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 15 de Setembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello pon en marcha "SaudAres", un programa para promover os parques biosaúdables de Ares
23 Abril 2010 16:55
O alcalde e concelleiro de Deportes, Julio Iglesias, e a concelleira de Servizos Sociais, Victoria Montenegro, participaron esta mañá no acto de presentación aos veciños dos parques biosaúdables. A charla, na que participou tamén o técnico de Deportes do Concello, Javier Sánchez, desenvolveuse ás 11.00 no salón de actos da Alianza e servíu para dar a coñecer estas novas instalacións deseñadas para a realización de exercicio físico ao aire libre.
Aínda que nestes primeiros días os dous parques, no Petelo e no Rosalía de Castro, están sendo utilizados por ducias de veciños –fundamentalmente polas tardes- o certo é que o equipo de goberno quere promover este servizo o máximo posible e, ademais, que as persoas que realicen o circuito lle saquen un rendimento total. E, para iso, porán a disposición dos veciños que queiran un monitor licenciado en Educación Física e experto neste tema que, ao longo da vindeira semana –o programa, que leva o nome de “SaudAres”, podería ampliarse outra máis se existe demanda- traballará por grupos no circuito.
Así, as persoas interesadas, que deberán inscribirse na Alianza Aresana para que o Concello conte cun rexistro de persoas participantes nestas iniciativas para telas informadas de todas as actividades que se leven a cabo, deberán acudir o vindeiro luns, día 26, á Alianza, donde estará o monitor agardando. Dende alí, o grupo irá andando cara o parque do Petelo, donde realizarán, por tandas –dependerá do número de persoas que acudan á cita- os exercicios, asesorados polo profesional, que explicará o funcionamento de cada unha das catro máquinas, que neste espazo exercitan a parte superior do corpo. A continuación, o grupo irá camiñando polo paseo marítimo, parte integrante deste circuito ao aire libre, para rematar no parque do Rosalía. Igual que no Petelo, o monitor informará sobre as máquinas de dito espazo, que neste caso van dirixidos a exercitar as pernas.
No caso de que haxa moita xente, formaranse dous grupos, un que fará o percorrido ás 10.30 dende O Petelo e outro que sairá do parque Rosalía ás 11.30.
Na presentación do programa, o alcalde manifestou que este novo circuito está pensado para todos aqueles veciños, que son moitos, que ven o deporte como unha práctica saúdable e non competitiva. Para o rexedor socialista, en Ares existía esa demanda e, ademais, o municipio préstase á realización de “paseos espectaculares”. Con estes parques e o circuito, “Ares entra na senda de facilitar aos seus veciños unhas instalacións modestas pero moi atractivas”, dixo Iglesias, que incidíu na súa intención de continuar estas actuacións por todas as parroquias do municipio.
Os asistentes á reunión recibiron un folleto informativo sobre as diferentes máquinas dos parques e o seu correcto funcionamento.

Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares