Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 19 de Setembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O alcalde consigue que a Xunta asuma o proxecto do bipartito da AC-123, demandado polo goberno local
23 Abril 2010 11:50
A aprobación polo Consello da Xunta do Decreto polo que se declara a utlidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construcción da senda peonil na AC-123 para a mellora da seguridade vial, no treito Franza-Ares foi aplaudida polo alcalde de Ares, Julio Iglesias, para o que é unha boa noticia que, despois de máis dun ano do novo Goberno do PP e de que o proxecto estivera aprobado polo bipartito, os “populares” asuman este compromiso socialista.
Neste sentido, o rexedor socialista lembrou que a mellora da seguridade vial na AC-123 foi unha demanda do actual grupo de goberno local, que atopou na anterior Consellería de Política Territorial unha receptividade total. De feito, o entón delegado provincial deste departamento, Alberto González, presentara en Ares dito proxecto, que foi comprometido publicamente nunha posterior visita ao municipio pola ex conselleira María José Caride.
Co cambio de goberno na Xunta, o alcalde insistíu na execución deste proxecto e, proba disto, é que na primeira reunión que mantivo co conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, Agustín Hernández, solicitada despois da súa toma de posesión e celebrada no pasado verán, Iglesias pediulle a rápida execución da obra. O alto índice de sinistros da estrada, o mal estado no que se atopa e a posta en marcha en tan só uns meses da piscina e spa que compartirán os municipios de Ares e Mugardos, que incrementarán notablemente o tráfico peonil e de vehículos foron, dende un principio os argumentos esgrimidos polo rexedor aresán, que meses máis tarde insistíu mediante cartas dirixidas ao conselleiro nesta actuación.
Ademais, hai que destacar a recente presentación, por parte da deputada socialista Beatriz Sestayo, dunha iniciativa parlamentaria realizada a instancias dos grupos do PSOE de Ares –ao fronte do que se atopa o propio Julio Iglesias- e Mugardos esixindo á Xunta a inmediata posta en marcha desta intervención e a execución do proxecto tal e como deixaron aprobados os responsables do anterior Goberno autonómico.
Agora, Iglesias confía en que o proxecto comece á maior brevidade posible e cumpra coas expectativas dos veciños e veciñas de Ares, que levan moitos anos demandando a mellora deste vial. O Concello, como subliñou, velará pola axeitada execución dos traballos e porque éstes se axusten ao demandando dende o goberno aresán e comprometido pola anterior Consellería socialista.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares