Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 15 de Setembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello cumpre cos seus compromisos e a escola infantil de Ares abreu as portas esta semana
20 Abril 2010 15:12
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, manifestou hoxe a súa satisfacción polo traballo feito polo Concello en todo o proceso de construcción e adecuación da escola infantil do municipio, que nestes días está a celebrar xornadas de portas abertas para que, xa o vindeiro luns, día 26, o centro funcione cos seus horarios e servizos establecidos.
Como informou o rexedor socialista, que esta mañá se desprazou ata Granxares –lugar no que o Consorcio executou a escola, nunha parcela, como se lembrará, cedida polo Concello- para intercambiar impresións co equipo directivo do centro e visitar de novo as magníficas instalacións –tanto nos interiores do edificio, que conta con catro unidades, como no exterior, cun parque excelente- das que disfrutan os pequenos de cero a tres anos matriculados, o equipo de goberno fixo un especial esforzo para cumprir prazos e, deste xeito, poder abrir a primeira escola infantil pública de Ares no primeiro catrimestre do ano, tal e como se comprometera o propio Iglesias. A este respecto, o alcalde asegurou que os directivos lle trasladaron a súa satisfacción polo traballo desenvolvido polo Concello e o seu grao de implicación na posta en marcha de todos os servizos necesarios para que a escola poidese abrir as súas portas neste mesmo curso.
Precisamente membros do Concello participaron na tarde de onte nunha reunión convocada polo equipo docente cos pais e nais dos nenos e nenas –máis da metade da matrícula, que é en total de 61 prazas, está cuberta para este ano-, para explicar o funcionamento do centro e o seu reglamento, entre outros asuntos de interese.
Aínda que a escola infantil de Ares xa está aberta, en vindeiras datas concretarase a data de inauguración oficial. Como subliñou Julio Iglesias, o máis importante era cumprir cos veciños e veciñas de Ares e dar á maior brevidade posible este servizo, demandado durante moitos anos por unha poboación cada vez máis numerosa e cun importante número de parellas xóvenes con fillos pequenos, que non dispoñían dunha escola infantil pública na que matriculalos. Por iso, un dos primeiros obxectivos marcados polo equipo de goberno socialista cando accedeu á Alcaldía de Ares, foi o de xestionar e negociar a construcción dunha escola infantil municipal, poñendo todo da súa parte para acadalo.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares