A OMIC organiza unha charla o vindeiro xoves sobre os dereitos dos cidadáns en telefonía móbil
06 Novembro 2007 12:48A Oficina Municipal de Información ao Consumidor do Concello de Ares, seguindo o seu programa de conferencias sobre temas de interés cidadán, organiza unha nova charla, que neste caso versará sobre os dereitos dos usuarios en telefonía móbil. Como as outras actividades, o salón de actos da Alianza Aresana será o escenario no que se desenvolverá a conferencia, que terá lugar o vindeiro xoves, día 8, ás 11.00 horas.
No que resta de ano tamén se celebrarán charlas sobre os dereitos dos consumidores con mobilidade e accesibilidade reducida –o 15 de novembro-, o acceso a Internet: dereitos de acceso e consellos no seu emprego –o 22 de novembro-, e a normativa legal de rebaixas –o 13 de decembro-.