Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 26 de Xaneiro de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesXaneiro
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Servizos Socias organiza as III Xornadas sobre Violencia de Xénero, que se celebrarán os días 20 e 21 de maio
16 Abril 2010 13:58
O Concello de Ares, a través do Centro de Información á Muller (CIM) de Servizos Sociais e coa colaboración da Deputación Provincial, organiza por terceiro ano consecutivo as Xornadas sobre a Violencia de Xénero, que se desenvolverán os días 20 e 21 de maio na Alianza Aresana.
Estas xornadas, que foron presentadas esta mañá na comisión informativa da área que dirixe a concelleira socialista Victoria Montenegro, contan cun programa xa practicamente pechado e moi completo, que inclúe conferencias de profesionais do eido da psicoloxía, psiquiatría ou xustiza, así como de entidades vencelladas a esta temática –Asociación Homes Galegos pola Igualdade, O Mencer, Padroado Concepción Arenal ou Asociación Enriqueta Otero, entre outras- e o desenvolvemento doutro tipo de actividades, como a representación da obra “Amatarte”.
Pablo García Suárez, xuíz do Xulgado nº 4 de Ferrol; Anabel González Vázquez, psiquiatra da USM de Ventorrillo; Pilar González, xefa de servizo de Violencia de Xénero da Subdelagación do Goberno; Irene Silvia Henche Zabala, directora da Esvuela del psicodrama Simbólico de Madrid; Mónica Permuy, directora técnica da Fundación Meniños; e Manuel Lopo, psicólogo clínico e director do Programa de Atención a homes con problemas de control e violencia no ámbito familiar e coordinador do Programa de atención psicolóxca a mulleres vítimas de violencia doméstica da Comunidade Autónoma, son os ponentes que xa teñen confirmada a súa presenza nestas xornadas.
Segundo informou a concelleira, unha vez que o programa estea pechado, repartirase documentación nos diferentes Concellos na zona para que as persoas que estean interesadas en participar, poidan facelo. Para tomar parte nas xornadas, que se desenvolverán en horario de mañá e de tarde, haberá que inscribirse previamente. Estes prazos tamén serán dados a coñecer con tempo suficiente.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares