A realización de tarefas de mantemento no colector xeral obriga a cortar o subministro de auga en Ares na tarde do vindeiro luns
16 Abril 2010 12:15O Concello de Ares informa de que, debido á realización dunha serie de traballos de mantemento no colector xeral, o servizo de abastecemento de auga non funcionará entre as 16.00 e as 20.00 horas do vindeiro luns, día 19. En concreto, trátase da limpeza dos filtros, unha tarefa que debe levarse a cabo dun xeito periódico e que afecta a todo o municipio.
Dende a administración local pídense disculpas por adiantado polas posibles molestias que poida causar este corte de auga, ao tempo que indican que tentarán axilizar estes traballos ao máximo posible.